Lugo, a 26 de febreiro de 2009.- O GPPP afirmou que a Deputación debería aumentar as aportacións económicas en respaldo ó sector pesqueiro en tres direccións: apoio ó sector marisqueiro para o sementado; apoio ó sector empresarial para axudas á moderninación e apoio ós mariñeiros e confrarías de carácter social.
Para os populares, segundo indicou o seu voceiro adxunto José María González Barcia, “resulta chocante” que a Deputación “se embarque” agora no apoio á creación da reserva mariña de Viveiro e O Viñedo, “unha iniciativa que non é novidosa e para a que non pon nin un só euro sobre a mesa”, sen que con antelación tivese adoptado ningún tipo de medidas nas tres áreas citadas anteriormente.
Para os GPPP, que considera que a creación dunha reserva mariña nesta zona é positivo, aínda que engadindo o matiz de que “sempre e cando haxa acordo sectorial unánime ó respecto e non orixine gastos engadidos ós posibles afectados pola súa creación”, a Deputación “súbese a un carro que xa estaba andando”. Unha iniciativa que, segundo indica González Barcia, está dando “resultados dubidosos” en Lira e que na zona de Ortegal, por exemplo, moitos dos asonantes iniciais para a súa posta en marcha agora están suscribindo xustamente o contrario.
O PP apoiou a moción socialista”, salienta Barcia, “pero considera que o respaldo da Deputación queda reducido a un mero aplauso e pouco máis porque a Deputación pode propoñer ás administracións autonómica e estatal que se regulen aspectos que poidan afectar de maneira negativa ás embarcacións artesanais que puideran faenar nas augas da reserva e non o fixo”.
AXUDAS CLIENTELARES.- O GPPP considera ademais que as subvencións destinadas a asociacións e colectivos para pequenas obras é “caciquil e clientelar”.
Esta consideracións baseanse, segundo indicou González Barcia, en que nas axudas concedidas en 2008 primouse a de aquelas persoas afíns ó PSOE, “mesmo concedendo cartos para obras particulares a residentes en concellos distintos ós da solicitude e incluso noutras provincias. Tanto é así, que o BNG non asistiu á comisión de valoración, o que exemplifica que o reparto das subvencións provocou diferencias entre os dous socios”.
Por outra banda, engaden dende O GPPP, non se incrementan os fondos para este tipo de subvencións, “co que se demostra que non hai interese real en que estas axudas cheguen a todos os colectivos”.