Partido Popular de Lugo

DÁMASO LÓPEZ ASEGURA QUE PARA ACCEDER Á CONSULTA DUN ESPECIALISTA É IGUAL QUE A PETICIÓN DO MÉDICO DE CABECEIRA SEXA ORDINARIA OU PREFERENTE

Lugo, a 26 de febreiro de 2009.- O deputado popular Dámaso López asegura que “a lei de incompatibilidades dos médicos só se están a aplicar na provincia de Lugo e eso, ademais de resultar discriminatorio, está a incrementar aínda máis as xa longas listas de espera no hospital Xeral”.

Afirmou ademais que á hora de que un médico de cabeceira derive a un dos seus pacientes a un especialista, a axilidade para que lle den unha cita non depende da indicación de consulta ordinario ou preferente que indique o facultativo de atención primaria na súa petición. 

Así, segundo explicou, tanto si se trata dunha consulta ordinaria como preferente, no servicio de neuroloxía non dan cita para antes de finais do vindeiro mes de outubro; en reumatoloxía ata xuño e en rehabilitación, ademais de que a primeira consulta demórase, como mínimo, catro meses, o paciente non inicia o tratamento que lle prescriben ata polo menos un ano.  

Dámaso López di non enteder a razón pola que as autoridades sanitarias só están a aplicar a lei de incompatibilidades dos facultativos na provincia de Lugo, máxime cando, como consecuencia delo, estanse desviando pacientes a outros hospitais, fundamentalmente da provincia de A Coruña, na que os pacientes son atendidos por médicos que se atopan nas mesmas condicións que os de Lugo pero ós que non se lle aplican as incompatibilidades.