Partido Popular de Lugo

ARIAS: “O PP PORÁ EN MARCHA A LEI DO VIÑO E CREARÁ UN PLAN DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL PARA A RIBEIRA SACRA”

Monforte, a 26 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular por Lugo Raquel Arias, xunto os candidatos Dámaso López e Susana López Abella,  aseguraron  hoxe en Monforte que “o Goberno de Núñez Feijoo porá en marcha o plan de desenvolvemento integral para a Ribeira Sacra, que o PP xa tiña presentado no parlamento galego e que fora rexeitado polo PSOE e BNG”. Os candidatos do PP reafirmaron tamén o compromiso do PP de por en marcha unha lei específica para o viño. 

O Plan, terá como obxectivo primordial garantir a competitividade e a supervivencia da Ribeira Sacra, e incluirá, entre outras:
 – Medidas para o relevo xeneracional de formación e incorporación de mozos e mozas ó sector vitivinícola.
– Axudas para facer fronte ós gastos adicionais xerados polo mantenemento da paisaxe cultural (rede natura e paisaxe protexida) e a renta perdida por este concepto.
  Medidas para equipamento e modernización das adegas da ribeira sacra.
– Apoios á comercialización, e dotación orzamentaria (mirar nota adxunta) para reestructuración e reconversión de viñedos.
 Medidas específicas de protección do medio ambiente. 

O PP considera que cada subsector agrícola precisa accións adicionais específicas relacionadas coa coxuntura que atravesa e por eso os populares ten un programa específico para o sector do viño.

O viño é un dos productos galegos de maior proxección, xa que ten acadado importantes cotas de mercado e é referencia de calidade, o que demostra, segundo Arias, que é posible acadar no medio rural lucense uns bos resultados cando un sector tradicional é capaz de modernizarse e tecnificarse.

O sector dos viños de calidade de Galicia ten xa unha importante dimensión, cinco denominacións de orixe, 18.000 viticultores (6.000 na Ribeira Sacra), 475 adegas e unha producción de preto de 42 millóns de quilos de uva procedentes de preto de 10.000 hectáreas (2.500 na Ribeira Sacra), lembrou a cabeza de lista do PP por Lugo.  

Dende o PP, vese con preocupación as directrices emanadas da nova organización común do mercado do viño OCM que afecta ó sector vitivinícola galega en dous aspectos importantes: a desaparición a medio prazo dos dereitos de viñedo, históricamente patrimonio en mans dos viticultores, e a flexibilización das normas de etiquetaxe que permiten referenciar a variedade e a añada en cada botella.

O PP considera fundamental defender o sector vitivinícola e frutícola fronte ós intentos de vinculalo cos problemas do alcoholismo, que nada teñen que ver co consumo responsable do viño. 

As medidas que o PP impulsará en apoio do sector vitivinícola galego en xeral é do da Ribeira Sacra en particular son:

1.    Aprobar unha nova lei, consensuada co sector, que regule a promoción, comercialización e o consumo responsable de viño e outras bebidas fermentadas que teñan a consideración de alimento segundo a normativa vixentes.
2.    Desenvolver verdadeiros plans de marketing para cada denominación de orixe, xa que só así se poderá incentivar entre os operadores do sector o emprego dos diferentes distintivos de calidade e orixe.
3.    Aproveitamento de sinergias coa turismo: impulso ó enoturismo cunha linea específica de axudas para a creación de complexos adegueiros turísticos (adega-hotel)
4.    creación dun órgano de coordinación das denominación de orixe galegas que tendo en conta as súas especificidades, proxecte de cara ó exterior un paquete promocional homoxeneo vinculado á imaxe de calidade de Galicia.
5.    Liñas de apoio ó fomento e incentivo a medios de producción e elaboración respetuosos co medio ambiente.