Partido Popular de Lugo

ARIAS: “DEPORTE PARA TODOS OS NOSOS FILLOS SEN IMPORTAR ONDE VIVAN”

Lugo, a 26 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular por Lugo Raquel Arias referiuse hoxe as propostas do seu partido en materia deportiva e de xuventude. “Todos os nosos fillos poderán practicar deporte no seu municipio, sen desprazamentos”, asegurou.  

Así, segundo dixo, a Xunta, “co goberno do PP, impulsará a creación dun plan director de infraestructuras deportivas co obxectivo de que todos os cidadáns dispoñan dunha instalación deste tipo preto da súa casa vivan onde vivan”.

Os populares, engadiu Arias, promulgará unha nova lei do deporte encamiñada a impulsar o deporte para todos, fomentar hábitos saudables e asumir a cultura da saúde desde a idade escolar ata a terceira idade. Ademais, fomentará o deporte en idade escolar, tanto na escola como fóra dela, xerando e apoiando programas concretos que veñan a iniciar, e sobre todo a fidelizar, ós nenos e mozos na práctica deportiva, así como a potenciar a súa valía como elemento educacional e de convicencia de primeira orde.

Raquel Arias dixo que “apoiaremos a práctica do deporte por persoas con discapacidade e melloraremos a conciliación da práctica deportiva e a vida familiar fomentando a creación de garderías en polideportivos municipais e clubs deportivos”. “E non nos olvidaremos tampouco”, engadiu, “do deporte e dos nosos deportistas de alta competición”.

No tocante á xuventude, Raquel Arias indicou que o PP porá en marcha un Plan de Emprego Xuvenil 2009-2013 que inclúe medidas encamiñadas á inserción laboral cun servizo de asesoramento e orientación laboral para mozos titulados e estudantes;  un banco de datos de titulados recentes accesible as empresas; un programa mixto emprego/formación para maiores de 25 anos; incentivos ás empresas que contraten indefinidamente a menores de 25, e de entre 25 e 39 anos que leven 6 meses no paro; incentivos fiscais ó autoemprego dos mozos, especialmente no medio rural e no medio marítimo-pesqueiro; e programas de actuación contra a precariedade laboral, contra o abuso do encadeamento e a rotación dos contratos temporais.

VIVENDA.- O futuro Goberno do PP presidido por Feijóo favorecerá a emancipación dos mozos galegos poñendo á súa disposición vivendas xa construídas e sen vender a prezo concertado, cunhas condicións semellantes ás que, ata o de agora, se aplicaban en exclusiva para as vivendas protexidas. Acceder a unha vivenda converteuse, nos últimos anos, nunha misión imposible para os xóvenes galegos.

Datos do Consejo de la Juventud certifican que mentres no segundo trimestre de 2005 cada mozo galego que aspirase a mercar unha vivenda debía adicar a este obxectivo o 42,5% do seu esforzo, ese indicador disparouse ata situarse no 71,9% no segundo trimestre de 2008.

Para invertir esta tendencia, segundo explicou Arias, o PP porá en marcha medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas, con axudas directas para os mozos e dous programas específicos: un de alugueiro con opción de compra (pasado un tempo, parte da renda satisfeita serviría como parte do pagamento para mercar o piso) e outro de alugueiro rotacional. 

A proposta de maior alcance do PP neste ámbito consiste en propiciar a saída ó mercado (para adquisición o arrendamento con opción de compra) do amplo stock de vivendas rematadas de construír, pero sen vender que existen actualmente e Galicia. O resumo do bipartito coa xuventude é “mais paro e menos vivenda”.