Lugo, 25 de febreiro de 2009.- O futuro Goberno do PPdeG será o primeiro e dar exemplo de austeridade e contención do gasto nun momento no que centos de familias galegas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes. O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en Lugo, a súa intención de aplicar un plan de austeridade na Administación que incluirá unha reducción do 25% no número de consellerías e do 40% no total de altos cargos.
Para Feijóo, “non pode ser que os galegos teñan que recurtar os seus gastos ao esencial e básico para poder sobrevivir metres na Xunta todo siga como se non pasase nada”, tal e como sucedeu co bipartito de Touriño e de Quintana.
Os compromisos asumidos hoxe por Feijóo consisten en reducir o número de consellerías a un máximo de 10 departamentos, nun proceso de fusión encamiñado a lograr a “máxima eficacia e a óptima coordinación”.
O segundo punto desta aposta pola austeriade pasa por suprimir 52 delegados proviciais existentes a día de hoxe, limitando esa representación a un único delegado en cada provincia máis Vigo. “Suprimiremos a figura dos delegados, pero non as delegacións, que si cumpren unha tarefa relevante desde o punto de vista administrativo e de atención aos cidadáns”, puntualizou Feijóo para aclarar que a presenza institucional quedará reforzada a través da figura dun único delegado.