Lugo, a 24 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular por Lugo Raquel Arias comprometeuse hoxe “a tratar ós maiores co repeto que merencen, sen utilizacións partidistas e garantindo a prestación da asistencia que precisen en cada momento”.
Na provincia de Lugo, segundo os datos baraxados pola candidata popular, hai preto de 130.000 homes e mulleres pensionistas, dos que máis de 6.000 cobran unha renta non contributiva.
É inadmisible, na opinión de Raquel Arias, que os pensionistas lucenses cobren 276 euros menos que a media española e que, en comparación co resto de Galicia, perciban ó mes 64 euros menos. Neste senso, a posición de Arias é taxante: “non imos permitir que se manteña esta discriminación e faremos todo o posible para que a equiparación co resto da Comunidade e co resto do Estado sea unha realidade na vindeira lexislatura”.
Non é de recibo que durante estes anos de bigoberno só se habilitaran 100 prazas en centros de día cando hai 4.000 persoas que están a agardar por unha praza. Por elo, o PP porá en marcha centros de día en todos os concellos de máis de 1.500 habitantes e, polo menos, unha residencia de maiores por comarca. “Non podemos deixar ós nosos maiores que precisan esta axuda totalmente desastidos”, indicou Arias.
“O único que fixo a Vicepresidencia da Xunta nestes preto de catro anos foi cambiarlle o nome ás residencias da terceira idade que xa estaban en funcionamento para que parece que fixeron algo”, engadiu.
Raquel Arias tamén se referiu a un colectivo que “precisa unha axuda especial”. Trátase dos viuvos e viuvas, que na provincia de Lugo, rondan as 30.000 persoas.
Neste senso, segundo asegurou, o PP impulsará medidas para mellorar o seu benestar. Así, os populares farán forza ante o Goberno central para que leven a cabo as reformas legais necesarias para incrementar a base reguladora das pensións de viudez dos 52 ó 70 por cento.
Activará, asimesmo, as prestacións sociais mínimas a través dunha pensión contributiva para os fillos das persoas viuvas; fomentará a colaboración co tecido asociativo das mulleres viuvas, con fin de facilitar a formación e o acceso ós recursos disponibles en relación coas políticas de apoio á viudez.
O Partido Popular, segundo explicou Arias, é consciente de que o colectivo de viuvos e viuvas, “aínda que non ó único”, é un dos que está a acusar máis a crise económica na medida de que son os que perciben as pensións máis baixas do Estado, que ascende en Lugo a un 16 por cento por debaixo da media española.
Arias salientou que “chegar a fin de mes para moitas viuvas é unha auténtica misión imposible e nos imos facela posible”.