Partido Popular de Lugo

ARIAS: “O PP REBAIXARÁ AS CARGAS FISCAIS ÁS PEMES E ÓS AUTÓNOMOS”

Monforte, a 23 de febreiro de 2009.- Máis de 1.000 empresas pecharon as súas portas en Galicia durante o 2008; a creación de novas empresas caeu nun 20 por cento e o número de quiebras de empresas galegas multiplicouse por tres o pasado ano; máis de 32.000 autónomos cesaron a súa actividade en Galicia en 2008, un 42 por cento máis que no 2007, unha porcentaxe que supera a media estatal en máis dun oito por cento. Por provincias, Lugo experimentou o maior descenso de autónomos como consecuencia do cese de actividade ó pasar de haber 42.214 autónomos no 2007 a 40.648 en 2008. Este é o “desolador panorama” ó que  se referiu a cabeza de lista do PP por Lugo Raquel Arias para  facer unha semblanza da situación na que se atopan os autónomos e as pequenas e medianas empresas “pola mala xestión de socialistas e nacionalistas na Xunta”.

Raquel Arias anunciou as medidas que porá en marcha o Partido Popular dende o Goberno galego para “incentivar” ás pemes e ós autónomos das que salientou, como “medidas estrela”, eliminar completamente o impostos de sucesións e doazóns, a reducción no imposto de transmisións patrimoniais que pasará do sete ó catro por cento (un 43 por cento menos) e nos actos xurídicos documentados que pasará do 0,75 ó 0,3 por cento (un 50 por cento menos), así como a posta en marcha dun plan de cese anticipado da actividade comercial, co fin de permitir a xubilación ós 60 anos dos comerciantes autónomos que así o desexen.

Actualmente España e por tanto tamén en Galicia manteñense importantes diferencias na imposición fiscal respecto doutros países. O imposto de socieaddes, por exemplo, ten unha taxa nominal en España do 30 por cento, cunha taxa especial para as pemes do 25%. 

Portugal, que pola súa proximidade a Galicia compite directamente con nós pola captación de investimentos empresariais, ten unha taxa nominal no imposto de sociedades do 25%, e unha taxa reducida para as pemes do 12,5%.

O PP ten proposto en varias ocasións unha reducción das cargas fiscais das empresas mediante, por exemplo, dunha baixada do tipo de imposto de sociedade para as pemes, que quedaría no 20 por cento ou propoñendo incluso a sustitución das cotizacións por un IVE social que proporcionaría á Seguridade Social unha cuantía de recursos semellante á rebaixa das cotizacións. 

Neste contexto, o PP está disposto a utilizar os instrumentos tributarios do autogoberno para favorecer a creación de empresas actuando selectivamente en varios tributos. Así, eliminará completamente o imposto de sucesións e doazóns, e reducirá o imposto de transmisións patrimoniais, que pasará do sete ó catro por cento (un 43 por cento menos) e o de actos xurídicos documentados, que pasará do 0,75 ó 0,3 por cento (un 50 por cento menos). 

Fomentarase asimesmo por medios económicos e formativos a incorporación e aplicación das novas tecnoloxías nos procesos de negocios das pemes galegas; porase en marcha un plan de fomento da calidade empresarial que contemple un réxime de axudas dirixido particularmente ás pemes para favorecer e impulsar a implantación de sistemas de calidade no tecido empresarial galego; incentivaranse ás pemes que elaboren e executen plans de igualdade e promoverase a integración da xestión da prevención de riscos laborais nas pemes e micropemes fomentando a contratación de técnicos de prevención e a creación de servicios de prevención mancomunados.

APOIO ÓS AUTÓNOMOS.- No que atinxe ós autónomos, ademais de impulsar a adopción dun plan de cese anticipado da actividade comercial, co fin de permitir a xubilación ós 60 anos dos comerciantes autónomos que así o desexen, o Partido Popular paralizará os proxectos das normas que inclúen sancións ós comerciantes que ejercitan os seus dereitos de opción lingüística e de liberdade de establecemento.

Ademais, potenciaranse os proxectos empresariais de persoas con discapacidade para a súa constitución coma autónomos; apoiarase o traballo autónomo e o autoemprego poñendo especial énfase na incorporación dos mozos a través dun plan co fin de promover o fomento de emprego e os traballadores autónomos.

O PP tamén analizará a posibilidade de desenvolver un mecanismo de anticipo do importe das axudas ós traballadores autónomos para a posta en marcha da súa actividade económica, fomentará a formación para o emprego dirixida a empregados, traballadores ocupados e traballadores autónomos e impulsará accións de información, asesoramento e formación para integrar a prevención de riscos laborais no colectivo de traballadores autónomos.

Estas serán algunhas das propostas que os responsables do Partido Popular terán a oportunidade de transmitirlle esta tarde ós empresarios monfortinos nun encontro no que participarán, entre outros, Mariano Rajoy e a propia Raquel Arias.