O Courel, 21 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido popular por Lugo Raquel Arias arremeteu hoxe nos mitines celebrados en A Pobra do Brollón e O Courel contra “as malas artes” dalgúns partidos para os que “todo vale” e que non “teñen ningún pudor en empregar o engano con fins electorais” o que denota, ó seu entender, o “pouco respeto que lle teñen ós cidadáns”.
“Quintana non só enganou ós maiores, senón que se atreveu a prometer pensións para os dependentes galegos como si a estas alturas non souberamos todos xa que na nosa provincia só o tres por cento das persoas con dereito a cobrar estas prestacións estanas percibindo”, engadiu.
“A imaxe de Galicia que se viu en toda España por culpa das súas malas maneiras é un insulto imperdoable a todos os galegos”, apuntillou, ó tempo que lembrou que “a incompetencia deste bigoberno chegou a tal extremo que o centro de día de A Pobra de Brollón, “amueblado xa dende 2006, aínda non entrou en funcionamento”.
“Non foron capaces nin sequera de poñer en marcha servicios que herdaron do goberno do Partido Popular. Eso si, hai pouco contrataron ó persoal e incluso organizaron unha xornada de portas abertas, pero aínda ninguén se beneficiou dun servicio que tiña que estar operativo dende hai preto de catro anos”, sentenciou.
A candidata popular tamén criticou con dureza que “despois de meses de denuncias do PP sobre a desatención sanitaria da que estaban sendo obxecto os veciños de Folgoso, a Consellería de Sanidade anuncie agora a incorporación dun novo médico”. “Esto é”, segundo dixo, “unha burla imperdoable”.
Este, ó seu entender, é o proceder do bipartito: “Primeiro prometen moito, pero despois desatenden ou directamente eliminan servicios e pretenden agora, unha semana antes das eleccións, facer o que non fixeron en catro anos. Pero xa non enganan a ninguén e o 1 de marzo os galegos e galegas diranllo alto e claro nas furnas: non aturaremos máis falsas promesas, nin máis enganos, nin máis mentiras”.
Segundo explicou Arias, o PP cumpre a súa palabra e o Goberno de Feijoo “non escatimará recursos nin esforzos” para que “non haxa cidadáns de primeira ou de segunda en función de onde vivan”. Neste senso, segundo dixo, Folgoso do Courel contará coa residencia da terceira idade “que tanto precisa” e terá unha estrada “acorde cos tempos” entre Folgoso e Seoane.