Partido Popular de Lugo

Feijóo:“No ano 2009 levarei a cabo as reformas fiscais que estou a comprometer”

Viveiro, 20 de febreiro de 2009.-  O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á dignidade dos candidados do PSOE e do BNG para que “deixen de danar a imaxe de Galicia despilfarrando  e secuestrando vontades, porque se trata da imaxe de todas as galegas e todos os galegos”. Foi a mensaxe de Feijóo no mitin central da xornada, celebrado esta tarde en Viveiro, no que volveu insistir no seu compromiso a prol da rexeneración democrárica e institucional de Galicia.  “Galicia -dixo- debe abrir as portas a unha nova xeración e as ventanas para que corra o aire”.

Feijóo lamentou que despois de que Galicia liderase, xunto a Cataluña, o proceso autonómico e tivese presenza activa en foros nacionais e europeos, o bipartito mudou a situación e fixo que sexamos “coñecidos de máis por incendios, ideas peregrinas e despilfarros; e non é xusto para o conxunto dos cidadáns de Galicia”.

Insistiu en que non permitirá un Executivo que sexa “recoñecido como referente nacional do despilfarro, por coches máis caros que o de Obama; por despachos que valen o mesmo que construir vivendas protexidas; por sillas que son máis propias dos Reis Católicos que dun Goberno democrático e moderno; por mobles de luxo que alimentarían a varias familias varios anos e que só serven para alimentar egos; ou por estanterías de deseño baleiras de respecto para os cidadás”.

Ao seu xuízo, “Galicia debe ter  un Goberno cunha imaxe que se corresponda coa imaxe real dos galegos”.

UN GOBERNO QUE SECUESTROU DEREITOS

Para Feijóo, “secuestrar público para un mitin”, como fixo onte Quintana, “dí moito de como se lle secuestraron os dereitos aos cidadáns durante este anos”.

Con estes antecedentes, o candidado do PPdeG quixo deixar claro que ademais de axustar os orzamentos da Xunta á crise que atravesa Galicia e de implantar un plan de austeridade na Administración, a primeira medida do seu Executivo consistirá en cortar as prácticas anómalas nas que está a incorrer o bipartito. “Quen non o fixo -aclarou-, foi porque non quixo”.

“Quero que Galicia sexa recoñecida polo esforzo, polo carácter amable e traballador da súa xente, polo seu inxenio e iniciativa; que sexa coñecida porque hai un Goberno que combate con intelixencia a crise; quero unha Galicia que nun foro autonómico non espere a que fale Cataluña para logo adaptar o seu discurso aos intereses do seu partido, e non aos intereses dos galegos”, agregou Feijóo.

REBAIXAS FISCAIS

Reteirou o líder do PPdeG o seu compromiso de rebaixar en preto dun 50% os impostos derivados da adquisición dunha vivenda; suprimir o imposto de sucesións e doazóns; e de rebaixar o IRPF progresivamente, cunha especial incidencia para as rendas máis baixas.

“Quero que as galegas e os galegos recuperen a confianza e quero tamén dignificar a imaxe dos políticos que si cremos no que facemos”, afirmou Feijóo, que se comprometeu publicamente a que “rematará o 2009 levando a cabo as reformas fiscais que comprometín”.