Partido Popular de Lugo

ARIAS E CASTIÑEIRA: “O PP COMPROMÉTESE A QUE OS LUCENSES TEÑAN VIVIENDAS ASEQUIBLES E DIGNAS”

Lugo, a 19 de febreiro de 2009.- O acceso á vivenda, dende a chegada do bigoberno, é unha misión imposible. No 2005, Lugo era das provinciais onde a vivenda era máis barata; pero agora está entre as máis caras; Galicia, de feito, é unha das tres Comunidades Autónomas onde máis se incrementou o precio da vivenda, aseguraron hoxe os candidatos do Partido Popular Raquel Arias e Jaime Castiñeira durante un reparto de propaganda electoral no barrio do Carme da capital lucense, no que estiveron acompañados, entre outros, polo Presidente provincial José Manuel Barreiro. 

Arias e Castiñeira puxeron de manifesto que todas as decisións adoptadas pola Consellería de Vivenda, ademais de inaxeitadas foron polémicas. Referíronse, en concreto, as normas hábitat e o plan sectorial de suelo residencial que afectan na provincia á area funcional de Lugo, especialmente no barrio do Carme; Ribadeo; Burela; Viveiro; Foz; Barreiros; Chantada e Monforte.

Ambos reiteraron neste punto o compromiso adoptado polo propio Núñez Feijoo de que como Presidente da Xunta de Galicia derogaría ambos “polémicos e problemáticos” plans para os concellos e os seus veciños.

As propostas que plantenxan os populares van encamiñadas a facilitar ó acceso a vivenda, reactivar o sector do que depende o traballo de moitas persoas e reducción o stock de vivendas de Galicia en xeral e de Lugo en particular tanto en calidade como en cantidade.

Así, ademais da derogación inmediata das Normas do Hábitat, plantexan as seguintes accións: 

1.     Vivenda en aluguer e en aluguer con opción de compra. Unha medida que favorecerá especialmente ós mozos para que poidan emanciparse.
2.     Vivenda de protección autonómica pola que a administración fará un rexistro de viviendas disponibles no que o promotor ofertará as casas disponibles e a administración limitarase a informar das que están valeiras.

3.     Vivenda de promoción pública. O PP favorecerá de novo a construcción de vivendas de promoción pública para as familias máis necesitas, xa que co bipartito quedou prácticamente paralizada e limitada as actuacións que xa deixar en tramitación o Goberno aterior.
4.     Rehabilitación. Impulsarase a rehabilitación dos barrios das cidades e continuarase asimismo coa adquisición e rehabilitación de áreas que polo seu estado de degradación non son de interese para a iniciativa privada. Ademais, o PP comprométese a facer unha rehabilitación rural e a erradicar o chabilismo, en colaboración cos concellos para solucionar estes casos extremos.
5.     Axudas para a adquisición de vivenda libre nos concellos onde non haxa vivienda protexida, xa que o bipartito estivo a fomentar unha nova forma do exódo rural pois os mozos tiñan que desprazarse a outros concellos de maior entidade con oferta de vivenda protexida.
6.     Acordo entre a administración e todos os actores do sector inmobiliario (promotores, entidades de crédito, colexios de notarios e registradores) que propicien a saída ó mercado do stock de vivendas existente.
7.     Rebaixa do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Reactivación do sector da construcción para o que se fomentará a redacción do PXOM, xa que menos do 10 por cento dos concellos galegos teñen adaptada esta normativa á lexislación vixente.