Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: “É INACEPTABLE E IMPRESENTABLE QUE O PSOE EMPREGUEN MEDIOS PÚBLICOS PARA FINS ELECTORAIS”

Lugo, a 18 de febreiro de 2009.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo José Manuel Balseiro amosou hoxe a súa repulsa polo feito de que no concello de Triacastela se empregara persoal e medios materiais propiedade do concello para a colocación de propaganda electoral correspondente ó Partido Socialista na capitalidade municipal.

Balseiro Orol califica de “inaceptable e impresentable” a utilización de medios públicos con fins claramente electoralistas e salienta que “ésta é unha mostra máis do proceder dos socialistas, que parecen ter xa por norma empregar os medios e os cartos públicos como se fosen propios”.

O secretario xeral do PP de Lugo indicou asimismo que o partido está a estudiar a posibilidade de presentar unha denuncia ante a xunta electoral pola gravidade que, ó seu enteder, presentan estes feitos.