Lugo, a 18 de febreiro de 2009.- A creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo e a máis firme disposición a atacar a violencia contra as mulleres dende todas as frontes son algúns dos obxectivos que inclúe o Partido Popular no seu programa electoral.
A cabeza de lista por Lugo, Raquel Arias, incidiu hoxe en que “a violencia contra as mulleres é unha lacra coa que todos debemos loitar e coa que todos nos debemos implicar. Este non é un problema de mulleres, é un problema de toda a sociedade, a toda sociedade concierne e todos, por tanto, debemos implicarnos na súa resolución”.
O “ataque frontal e dende todos os ámbitos” contra este tipo de violencia pasa, segundo Arias, non só por axudar ás mulleres víctimas destes ataques en todo o que precisen, tanto dende o punto de vista asistencial como poñendo os medios oportunos que contribúan a que logren a súa completa recuperación persoal, familiar e sociolaboral canto antes, tamén facendo especial fincapé na prevención.
Neste senso, segundo recalcou Raquel Arias, o Partido Popular avoga por introducir no proceso educativo dos cativos ideas e actividades relacionadas coa promoción da igualdade, o respecto e a cooperación entre sexos, así como censurar calquer actitutude ou comportamento susceptible de desembocar nun acto de violencia de xénero.
“Temos que acadar que no conxunto da sociedade haxa unha maior sensibilidade e repulsa cara estes sucesos. Tolerancia cero para a violencia machista”, engadiu.
Así, entre as propostas que inclúe o programa electoral dos populares nesta materia, cabe salientar, ademais da creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo, “longo tempo demandado, retiradamente comprometido pero aínda por cumplir”, a posta en marcha de casas de acollida nas principais cabeceiras de comarca da provincia de Lugo.
Ó mesmo tempo, cando o PP gañe as eleccións o 1 de marzo demandará do Estado que en todas as comisarías de Lugo se alcance a ratio recomendada para a correcta atención das mulleres víctimas da violencia de xénero, xa que en Lugo contamos cun axente especializado por cada 65 mulleres maltratadas cando o axeitado sería un axente por cada 32 mulleres agredidas”.
Incrementarse tamén os medios telemáticos, tanto en teleasistencia como na dotación de pulseiras para agresores e estableceránse medidas para contribuir a independenica económica da muller respecto do seu maltratador, así como un plan de axudas ós fillos das mulleres víctimas de violencia de xénero, garantindo así a súa escolarización e poder acceder a todos os servicios escolares.
No que atinxe ó outro pilar do programa para axudar as mulleres víctimas de malos tratos, a educación, o PP realizará un programa intensivo de formación do profesorado de infantil, primaria e de secundaria. Establecerá en todos os centros de secundaria un programa en educación afectivo-sexual que axude a establecer relacións igualitarias.