Lugo, a 18 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular por Lugo, Raquel Arias arremeteu esta noite nos mítines celebrados en Lugo capital contra o número 1 do Partido Socialista pola provincia de Lugo, Ricardo Varela ó que acusou de mentir sobre as condicións coas que chegará o AVE a Lugo. Primeiro, non será un AVE de verdade como el dí e segundo, non chegará no 2012, senón que como moi pronto Lugo terá AVE no 2018-2020”.
“O AVE previsto entre Lugo e Ourense non será de dobre vía como dí Varela, senón que será de vía única. Non poderá superar os 120 km/h e nalgúns tramos a súa velocidade máxima só poderá ser de 85 km/h. Parece que o Sr. Varela non ten claro o concepto de velocidade alta que é de entre 220 ou 240 km/h”, engadiu Arias nos mítines celebrados en Lugo e nos que estivo acompañada polos tamén candidatos populares Jaime Castiñeira e Isabel García Pacín.
Raquel Arias lembrou que o 5 de xuño de 2005 o Sr. Varela contestou a unha pregunta formulada por un xornal de tirada provincial sobre os prazos de ejecución “razoables” para as infraestructuras de Lugo. Dixo entón Ricardo Varela: “para as vías de competencia estatal (Autovía Lugo-Ourense, Lugo-Santiago, Autovía do Cantábrico e Ponferrada-Monforte-Chantada) o prazo destas actuacións está no horizonte do 2009 e as obras dependentes da Xunta de Galicia como a vía Nadela-Sarria-Monforte e o corredor entre San Cibrao e Ferrol “deberían levarse a cabo durante esta legislatura”.
“Non é necesario nin valorar as verbas do Sr. Varela, minte máis que fala. Nada de nada do que promete está feito”, engadiu.
Pola súa banda José Manuel Barreiro e Agustín Baamonde insistiron en Cospeito en que “a xente da Terra Chá merece contar con mellores servicios e que o sector agrogandeiro conte co respaldo das administracións”.
Ademáis das 600 explotacions gandeiras que desapareceron no 2008 en Lugo, moitas máis, tanto as que se adican á producción de leite como de carne, corren risco de seguir o mesmo camiño, debido ás importantes baixas nos prezos da venta en orixe e as importantes subidas dos productos básicos precisos para a alimentación do gando.
Por se fora pouco, é alarmante o dato de que en estos últimos 4 años o paro no sector primario da provincia de Lugo incrementouse en máis dun 35 por cento.
Cospeito precisa, segundo salientaron, dun Centro de Día para os maiores do concello, a construcción dun punto limpo, que se acomenta a segunda fase do abastecemento de augas e que se acondicione e mellore a estrada Cospeito-Vilalba.
Tamén chegou o momento de que “por fin” se constrúan os accesos a Vilalba dende a autovía do Cantábrico, tanto ó polígono industrial como ó casco urbán dende a saída da Magdalena.