Partido Popular de Lugo

Feijóo “o turismo pode e debe converterse nun dos principais motores de reactivación económica de Galicia”

Lugo, 17 de febreiro de 2009.- “O turismo pode e debe converterse nun dos principais motores de reactivación económica de Galicia”, segundo constatou esta mañá o presidente do PPdeG, Aberto Núñez Feijóo, ao remate dunha reunión que celebrou en Lugo con representantes da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA).

Superar o esquecemento do que foi obxecto o turismo durante o cuadrienio bipartito será un dos obxectivos do futuro Goberno de Feijóo, que está persuadido de que este sector constitúe un dos piares estratéxicos da economía gaega. O turismo xera actualmente o 12% do PIB galego e da emprego a preto do 13% dos ocupados. A desatención e a parálise do bipartito en materia de turismo traduciuse nunha reducción das pernoctacións (3% menos en 2007) e unha caída do número de turistas en hoteis (5,7% menos).

Neste contexto, Feijóo considera que o turismo posúe un “elevado potencial de crecemento”, dadas as características naturais e culturais de Galicia, pero tamén a rede de infraestructuras turísticas coas que xa conta a Comunidade. “O obxectivo -sinalou- é conseguir estancias máis prolongadas, unha maior fidelización e máis efectos económicos inducidos”. Para logralo, o PPdeG asegura o apoio necesario da Administración autonómica ás iniciativas empresariais que se presenten, ademais de propiciar a apertura de novas vías para crear e consolidar productos turísticos nos segmentos nos que Galicia é máis competitiva.

CLÚSTER TERMAL.- Nesta liña, Feijóo asumiu o compromiso de  crear un Clúster Termal que permita sacar aínda maior partido a esta modalidade. Para iso, porase en marcha un centro de investigación e formación turístico termal encamiñado a acadar a excelecia nos servizos e os recursos humanos para convertir a Galicia no referente europeo en materia termal, obxectivo perfectamente viable pola calidade e diversidade das augas desta Comnidade. Galicia concentra, actualmente, co 20% das estancias termais de toda España e o PPdeG aspira a incementar esa porcentaxe.

A riqueza e a diversidade de Galicia, levará ao futuro Goberno do PPdeG a impulsar outras modalidades turísticas (náutico, cultural, rural, sostible, de  congresos, idiomático ou enoturismo, entre outros) para impulsar o volume de visitantes que recibe cada ano.  

TURISMO NA GALICIA INTERIOR.- A riqueza turística da Comunidade fai que o PPdeG contemple  ao turismo como un “magnífico instrumento para lograr un maior reequilibrio territorial entre a costa e o interior” e, a tal efecto, o futuro Goberno de Feijóo mellorará e potenciará as infraestructras de transporte precisas, prestando especial atención a todos os aspectos relacionados coa sostibilidade. Para ratificar a necesidade destas medidas, Feijóo recordou, a modo de exemplo, que un autobús de liña entre Santiago de Compostela e Lugo tarda dúas horas e cuarto en efectuar ese percorrido e que non hai enlace ferroviario directo.

AXUDAS PARA PROMOVER O TURISMO EN PEQUENOS CONCELLOS.- Simultaneamente, o PPdeG contempla habilitar, desde a Xunta, un programa de axudas, para a adeduación e promoción do turismo e dos recursos turísticos nos concellos galegos do interior de menos de 5.000 habitantes para que os visitantes teñan acesoo a uns servizos básicos que fagan atractiva a viaxe. Para Feijóo, estas medidas poden contribuír á revitalización económica, social e incluso demográfica destes pequenos municipios.

Acadar este obxectivo implicará poñer en marcha mecanismos de cooperación intermunicipal para sacar a maior rendibilidade posible ás infraestructuras existentes, así como crear paquetes turísticos mixtos encamiñados a combinar destinos litorais e interiores.

SEN FACER OS DEBERES DO XACOBEO 2010.- Na súa reunión cos empresarios galegos do sector do turismo, Feijóo alertou tamen do retraso que acumulan os prerativos do Xacobeo 2010, a pesar das oportunidades que ofrece para o sector e de que se trata do único ano santo da década, xa que o seguinte non se celebrará ata 2021. “O bipartito o fixo os deberes e é evidente que imos co retraso”, agregou o líder popular, que acreditou esta afirmación recordando que, a estas alturas, aínda se descoñece como será os beneficios fiscais aplicables a este evento.