Partido Popular de Lugo

ARIAS: “O PP GARANTIZA QUE NO 2009 TODOS OS DEPENDENTES GALEGOS COBRARÁN”

Lugo, a 16 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do PP por Lugo arremeteu hoxe contra os incumplimentos do bigoberno no que atinxe a aplicación da Lei de Dependencia. 

“Vendéronnos esta lei coma unha revolución dos Asuntos Sociais; Quintana comprometeuse incluso a adiantar a aplicación da Lei en Galicia a través dun Plan de Choque. Chegou a dicir incluso que a nosa Comunidade sería a primeira en aplicar a Lei, pero a realidade é que somos pioneiros pero pola cola, xa que estamos no posto nº 12º”, explicou. 

“O compromiso”, engadiu Arias, era atender ós grandes dependentes durante o 2007, como así recolle a normativa, pero a ata mediados do 2008 ninguén empezou a percibir axudas. Prometeron que en xaneiro de 2008 16.000 persoas empezarían a cobrar as pagas mensuais por coidar ás persoas dependentes ó seu cargo, pero a Janeiro de 2009 só 2.494 persoas estaban a percibir a paga por coidar a familiares dependentes. O resumo é que no que atinxe á Lei de Dependencia houbo máis anuncios publicitarios que galegos beneficiados”.

Raquel Arias aportou datos concretos sobre dependencia en Lugo. Na provincia hai 11.757 dependentes dos que, a día de hoxe, só 392 están cobrando. “Esto significa que neste intre só o 3,3 por cento dos dependentes da provincia de Lugo están cobrando cando tiñan que estalo facendo o cen por cen”.

Hai datos significativos do grao de aplicación “desta promesa estrela da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia en particular que deixan patente o que foi unha das grandes tomaduras de pelo desta lexislatura”. 

Así, por exemplo, no concello de Alfoz no que hai 109 dependentes valorados, só tres están a cobrar “o que por lei”, recalcou Arias, lles corresponde; na Fonsagrada, dos 244, só nove cobran; en Baralla cobra un de 133;  en Baleira 7 de 66; en Taboada 16 de 110; e en Cervo, “por facer referencia só a algúns concellos porque a tónica é xeral para todos”, non cobra ningún dos 65 que teñen dereito a elo.  

GARANTIR APLICACIÓN DA LEI.- O PP recoñece, indicou Arias, que a lei da Dependencia é “unha boa idea” e, de feito, foi apoiada polo PP, pero estivo moi mal xestionada polo bipartito. “O noso compromiso é claro: aplicarase como ten que facelo. Adicaremos todos os cartos da dependencia ás persoas que o necesiten sen derivar recursos nin á publicidade nin a burocracia innecesaria para que efectivamente se poida reconducir a aplicación dunha lei que en Galicia causou decepción, frustración e desengano por culpa do bipartito”.

O PP comprométese, “e así o especifica no seu programa electoral”,  a garantir a suficiencia financieira precisa para que ningún dependente galego teña que agardar tempo de máis a recibir as prestacións que a lei recoñece; ó tempo que aposta por simplificar e acelerar os trámites necesarios para acceder a esas prestacións.

O PP porá en marcha un Consello Galego da Dependencia para garantir a participación permanente de concellos, axentes sociais e asociacións na aplicación e deseño das prestacións, primando en todo caso a prevención da dependencia mediante accións que incentiven a autonomía persoal, sobre todo dos maiores.

CENTROS DE DÍA E RESIDENCIAS DE MIAORES.- Ademais porá en marcha centros de día en todos os concellos de máis de 1.500 habitantes e, polo menos, unha residencia de maiores por comarca, así como unha rede de centros de referencia para pacientes con Alzheimer e discapacidade psíquica.

O PP aposta tamén, segundo indicou Raquel Arias, por vincular os centros de dependentes co sistema sanitario e compromete o desenvolvemento de programas de asistencia sociosanitaria a domicilio, que incluirán rehabilitación recuperadora a domicilio, axuda domiciliaria a pacientes en fase de recuperación, servizo dietético de alimentación a domicilio, así como unha oferta de acompañamento e seguimento individualizado.