Partido Popular de Lugo

VARELA: “O BIPARTITO NON SOUBO DARLLE A GALICIA O PROTAGONISMO QUE MERECE NA UNIÓN EUROPEA”

Lugo, a 14 de febreiro de 2009.- O Presidente provincial do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, e o eurodiputado popular e candidato ó Parlamento de Galicia, Daniel Varela, fixeron hoxe en Lugo o balanzo do traballo realizado en Estrasburgo polo seu partido na defensa dos intereses galegos ante a Unión Europea, ó tempo que presentaron o programa europeo que porá en marcha o PP dende o Parlamento de Galicia.

Do traballo feito polos populares en Europa dan boa conta os dous libros escritos por Daniel Varela e que foron presentados no acto. “Pouco hai”, ó entender dos respresentantes populares, “do feito polos demais na defensa dos intereses de Galicia en Europa”.

Lugo, segundo aseguraron, precisa potenciar en Europa a defensa dos sectores económicos e sociais nos que inciden as políticas da UE. “Ninguén debería esquecer, como si fixeron outros, que os sectores primarios son básicos para Lugo e que sobre eles rixen as políticas comunitarias, xa sexa no sector agrario, no gandeiro (carne e leite); no forestal, no pesqueiro e incluso no industrial, dado o importante peso específico das Pemes na nosa provincia, e incluso no que atinxe ás infraestructuras, aí está o gran retraso co que chegará o AVE a Lugo e o peor, se é que a situación pode empeorar máis, as condicións nas que chegará cando chegue”.

O bipartito, setenciaron os populares, “estivo ausente de Europa porque había dous modelos e estaban máis preocupados polas súas loitas e protagonismos internos que por defender os intereses de Galicia”.

Así, segundo aseguraron, a negociación láctea supuxo un “varapalo” para os intereses galegos en xeneral e lucenses en particular e no sector pesqueiro “non souberon darlle a Galicia o protagonismo que se merece nin controlar as importacións masivas de productos asiáticos en clara competencia desleal coa nosa propia flota”.

A esto hai que unir que o AVE previsto para comunicar Lugo con Ourense “é unha desconsideración maiúscula cos lucenses. Lugo non se merece ese trato. Por qué Ourense, Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra, van a ter un AVE de mellores prestacións que o de Lugo?, preguntáronse.

“A todas estas cuestións hai que darlle un novo tratamento e, coa nosa experiencia, farao o PP no Goberno de Galicia e no Parlamento Galego”, apuntillaron.

O entender do PP, o Goberno galego debe mellorar a súa participación directa en Bruselas e o seu papel na implementación das políticas públicas europeas nos ámbitos materiais nos que Galicia ten competencias ou interese directos. Convén, por tanto, que a Xunta racionalice e intensifique o seu labor na dinamización dos distintos axentes socioeconómicos galegos, co obxectivo de facilitar o aproveitamente por parte do conxunto da sociedade galega das oportunidades xeradas polo proceso de integración europea.

A participación de Galicia na UE desenvolverase, segundo recolle o programa dos populares, ó redor dos seguintes eixos de actuación:

 

1.      Impulso da presenza de Galicia nos comités da Comisión Europea.

2.      Impulso ó traballo no Comité das Rexións e no Parlamento europeo.
3.      Defensa da aplicación do principio de subsidiariedade.
4.      Reivindicación das funcións de autoridade de xestión e de pagamento dos fondos europeos.
5.      Promoción dun lobby galego na UE.
6.      Impulso da actividade da Fundación Galicia-Europa.
7.      Mellorar a información sobre a UE en Galicia e promover unha maior participación dos galegos nos asuntos europeos.

8.      Reforzo da participación de Galicia nas organizacións rexionais europeas.

9.     Maior protagonismo europeo do Parlamento de Galicia.