Partido Popular de Lugo

RAQUEL ARIAS: “EN ÉPOCAS DIFÍCILES HAI QUE APOSTAR POLO SEGURO. E O SEGURO PARA OS LUCENSES É O PARTIDO POPULAR”

Lugo, a 13 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular por Lugo, Raquel Arias, xunto cos seus compañeiros de candidatura Jaime Castiñeira, Daniel Varela e Isabel García Pacín, procederon esta noite á tradicional pegada de carteis coa que se deu o pistoletazo de saía á campaña electoral.

Raquel Arias e Jaime Castiñeira, estiveron arroupados, ademais de polo Presidente provincial José Manuel Barreiro, polos alcaldes e voceiros do Partido Popular da comarca de Lugo e por ó redor de medio milleiro de simpatizantes que acudiron puntualmente á cita, cuxo punto de encontro foi o palco da Praza Maior.

O Partido Popular quixo que a súa pegada de carteis fose tradicional e a pe de rúa, xa que ésta será a base da súa campaña, estar o máis preto posible dos veciños. Este será, de feito, o eixo central de todo o seu programa de actos durante estes próximos quince días.

Nun ambente festivo, Raquel Arias dixo que “en épocas difíciles hai que facer apostas polo seguro e mentres e BNG e PSOE son sinónimo de paro, crise e despilfarro, o Partido Popular xa ten demostrado que sabe crear emprego e dar prosperidade económica e social”.

Animou a todos os presentes a que o 1 de marzo “acudan masivamente ás furnas para depositar o voto útil para Galicia, o voto polo cambio, o voto para o Partido Popular”.

Jaime Castiñeira, pola súa banda, convidou a todos os lucenses a que Lugo “contribúa decisivamente a levar a Feijoo á Presidentecia da Xunta de Galicia”. “A cidade de Lugo vai a ser o ariete da victoria do PP na provincia e en Galicia”, engadiu, ó tempo que convidou ós asistentes a que “paseen pola cidade e comproben se nestes dez anos de Goberno de Orozco e nos catro de bigoberno en Santiago a nosa cidade avanzou ou seguen por facer todas as obras prometidas”.

“Lugo foi popular, é popular e será, o día 1, máis popular aínda”, sentenciou José Manuel Barreiro. “Na vosa man está que Lugo teña futuro, que Lugo recupere a confianza e a ilusión”, engadiu.

 “Nin Lugo nin Galicia poden permitirse outros catro anos máis de ineficacia, mala xestión e caras campañas publicatiarias do que non se fai. O bipartito non representa o sentir dos galegos e simplemente foi unha mala anécdota que, por riba, nos saiu moi cara. Esta terra merece máis e estou seguro de que os galegos, e especiamente os lucenses, non toleraremos esta falla de respeto. Nós faremos o cambio porque nós somos máis e mellores”, sentenciou.