Monforte, a 13 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista dos populares
![]() |
pola provincia de Lugo Raquel Arias dixo esta noite no mitin celebrado en Monforte que “os veciños da Zona Sur deben preguntarse antes de ir a votar o vindeiro día 1 de marzo qué foi o que aportaron nestes catro anos BNG e PSOE para mellorar as nosas condicións de vida. A resposta é fácil: absolutamente nada. Só contribuiron a empobrecer á nosa comarca, que ten potencial suficiente para ser bandeira do progreso e desenvolvemento da provincia de Lugo”.
Arias criticou con dureza que “mentres os traballadores da pizarra están no paro, o conselleiro de Traballo, co consentimento do Bloque, séntase tranquila e cómodamente en sillas de 2.200 euros”.
Tampouco escatimou criticas a candidata popular contra as consellerías dirixidas polos nacionalistas. “Coa crise que está a sufrir o sector da construcción, á Sra. Taboas non se lle ocurre mellor cousa que plantexar a expropiación de terreos para facer viviendas sen contar co parecer de ninguén”.
![]() |
Raquel Arias fixo un chamamento á participación masiva nos vindeiros comicios autonómicos e a “dicir non de xeito contundente ó bipartito”. “En época de crise o mellor é apostar polo seguro e a mellor aposta é, con diferencia, Núñez Feijoo”.
O seu compañeiro de candidatura Dámaso López reflexionou durante a súa intervención sobre o “discurrir” desta pasada lexislatura, facendo especial énfase na Lei de Dependencia e a Sanidade. Así, lembrou que o hospital comarcal de Monforte, por exemplo, segue sen UCI, pese a que a posta en marcha deste servicio foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos no Parlamento. “Esta é a maneira de cumprir os acordos que teñen os integrantes do bipartito”, dixo.
![]() |
“Só o dous por cento dos dependentes da Zona Sur están a cobrar as prestacións que lles corresponden”, espetou, o que quere dicir que “desgraciadamente unha gran parte dos que terían dereito a recibir estas axudas morren antes de poder facelo”.
No mitin previo celebrado en Chantada, Susana López Abella pola súa banda acusou a Pérez Touriño de “mentir” e “ningunear” á comarca chantadina. “Nin depuradora, nin ampliación do polígono, nin residencia nova, nin casa consistorial empezada, nin mellora de estradas… nin nada de nada do que prometeu está feito”, apostillou, ó tempo que se amosou convencida de que “agora chegou o momento de Chantada e de que o PP faga realidade todas estas obras tan necesarias para o desenvolvemento da nosa comarca”.
![]() |
Pola mañá, José Manuel Barreiro acompañou a José Antonio García nun mitin celebrado en Paradela, no que tamén interviu o alcalde da localidade José Manuel Mato.
![]() |
![]() |
![]() |
|