Partido Popular de Lugo

Feijóo adianta que a maior desigualdade da Muller son as 112.000 galegas que están no paro

 

Chantada, 13 de febreiro de 2009.-  “A maior desigualdade da muller son as 112.000 galegas que están no paro”, segundo adiantou esta tarde o candidato do PPdeG, Alberto Núñez de Feijóo no primeiro mitin de campaña, celebrado na localidade lucense de Chantada.   

Feijóo reiterou que desde o Goberno do PPdeG “imos erradicar a discriminación salarial ás mulleres” porque, con independencia do sexo de cada traballador, “a igual traballo [corresponde] igual salario”.

Se ben as políticas de igualdade impregnan todo o programa electoral do PPdeG, Feijóo insistiu en que superar a actual crise económica constitúe o seu principal reto para a vindeira lexislatura. “Temos todas as capacidades para que Galicia combata con efectividade a crise; só fai falla un Goberno que saiba aproveitar as nosas potencialidades; un goberno unido e coordinado que aposte polos nosos sectores produtivos e sexa capaz de elaborar e desenvolver un plano estratéxico que non despercidie o noso esforzo”, enfatixou.

COMPROMISO DE AUSTERIDADE.- Recordou o candidato popular o seu compromiso coa austeridade na Administración pública, porque “Galicia precisa que cada euro se empregue no que  se debe e non no que sobra; acabouse o despilfarro, porque eu non podería gobernar coa conciencia tranquila cuns orzamentos cos que podería investir máis de 100 millóns de euros máis en xerar emprego, aforrando co goberno e devolvendo ese aforro ás familias.

REBAIXAR IMPOSTOS PARA REACTIVAR A ECONOMÍA.- Feijóo enfatizou a súa proposta de rebaixar impostos, porque “os cidadáns son os que dinamizan a sociedade, os que dinamizan o comercio e a economía; debemos baixar os impostos para que os que compran podan comprar e para que, así, os que vendan podan vender”.

Nesta liña, o PPdeG asume o compromiso irrenunciable de reformar a Admistración autonómica para conseguir que funcione ao ritmo da sociedade, “e non que a sociedade se teña que adaptar á ausencia de  de ritmo dunha morea de pasos, que moitas veces non son para avanzar, senón para marear”.

Simultáneamente, “a innovación debe ser o patrón de comportamento de todo o Goberno, en todas as súas consellerías”, insistiu Feijóo, para lembrar que estes compromisos e obxectivos “están firmados, postos a disposición dos galegos nun contrato e que presidirán o día a día do presidente”.