Partido Popular de Lugo

O PP APOSTA POR UNHA REESTRUCTURACIÓN PROFUNDA DO SISTEMA EDUCATIVO TRAS A DESFEITA PROTAGONIZADA POLO BIPARTITO

Lugo, a 11 de febreiro de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, xunto coa cabeza de lista da candidatura desta formación Raquel Arias e a voceira de Educación no Parlamento de Galicia Manuela López Besteiro, presentaron esta tarde en Lugo as “liñas básicas” do programa electoral en materia de educación. No acto, ó que asistiron representantes de todos os  ámbitos do sector educativo, participaron boa parte dos integrantes da candidatura popular pola provincia de Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas.

Os respresentantes populares iniciaron a exposición do seu programa educativo criticando a “gran descoordinación” existente durante esta lexislatura na formación de nenos entre cero e tres anos e de tres a seis provocada polas “rivalidades” entre os membros do Goberno do bipartito.

Tamén salientaron o “gran retroceso” que supuxo estes últimos catro anos para a educación no rural e que afectou de xeito “moi salientable” ás provincia de Lugo e Ourense.

Así, “afogouse” o programa de preescolar na casa; suprimíronse especialidades de FP nas cabeceiras das comarcas rurais e eliminouse a educación secundaria en doce municipios da zona rural; impediuse no Parlamento o funcionamento da comisión de seguemento da educación no rural e incluso, só no último ano, eliminaronse 60 escolas rurais en Galicia.

Fixeron mención asimesmo ó feito de que esta legislatura caracterizárouse pola conflictividade nos centros educativos e pola convocatoria de folgas (folga xeral de todo o sistema educativo, dos centros concertados, do profesorado, dos alumnado…).

A “nula aposta” pola Formación Profesional centrou tamén outra das críticas dos representes populares. Unha consecuencia directa deste proceder foi a perda de 13.600 alumnos nestes catro anos.

“A calidade do sistema educativo é un desastre”, sentenciaron os populares. O informe Pisa e os datos de fracaso escolar e abandono temperá amosan un claro retroceso de Galicia en relación coas outras comunidades. “Na loita contra o fracaso escolar, Galicia pasou de ser a terceira mellor comunidade autónoma co Goberno do PP ó sexto lugar co bigoberno”, puntualizaron. 

REESTRUCTURACIÓN PROFUNDA.- Fronte a “desfeita” promovida polo bipartito, un dos obxectivos esenciais que se marca o Partido Popular en materia educativa pasa por recuperar o consenso e propiciar unha reforma de calidade do sistema educativo baseado no diálogo e no pacto social.

Pasa tamén por aprobar unha lei de educación non universitaria adaptada á realidade e que sea homoxénea coa do Estado, garantindo así que os alumnos galegos estén en igualdade cos demais á hora de transitar polo sistema educativo español; e por promover un pacto social que permita avanzar na calidade do sistema educativo para lograr os obxectivos marcados pola Unión Europea e na cumbre de Lisboa. 

Recuperar a convivencia nos centros educativos, devolverlle a dignidade os docentes e responsabilizar á familia na educación dos nenos e xóvenes e impulsar a reforma da Formación Profesional, presentandoa como garantía de acceso ó emprego son outras das propostas dos populares.

A elas hai que sumar a aprobación, en consenso coas tres universidades galegas e o sector educativo, do novo mapa de titulacións; a dotación a todos os centros educativos de alomenos un administrativo para evitar a paralización da súa actividade por problemas burocráticos; e a aprobación dun decreto que regule os dereitos e deberes dos alumnos e a responsabilidade dos pais no uso deses dereitos, establecento de xeito claro que os mestres e profesores son autoridades non centros de ensino.

Poñer en marcha un gabinete xurídico encargado da defensa legal do profesoarado; reestructurar o plan de dotación informática dos centros educativos para adecualas as súas necesidades reais; darlle ó profesorado formación específica en tecnoloxía e promover a actualización progresiva dos docentes, que neste intre é a máis baixa de España, só superada por Aragón; así como asegurar que  haxa un ordenador por alumno, son outros dos compromisos do PP.  

TRATAMENTO ESPECIAL PARA A FP E A APREDIZAXE DAS LINGUAS.- O segundo plan de Formación Profesional, “aprobado polo bipartido con moito retraso”, supuxo, lembraron os populares, a reducción drástica dos seus orzamentos anuais, ata tal punto que os centros nin sequera dispoñen dunha memoria económica. Por elo, o PP aposta pola modificación deste plan, poñendo especial énfase en que a FP se implique directamente co mundo empresarial.

Os populares tamén levarán a cabo unha reestructuración de todo o que ten que ver co ensino das linguas. Unha aposta polo ensino lingüístico que se entende coma instrumento que converta a Galicia nunha comunidade aberta ó exterior, no que se promoverá ademais o intercambio e a concesión de bolsas de estudo no estranxeiro para alumnos de 5º e 6º de Primaria e da ESO.

Así, o dominio da lingua pasa para o PP porque ó final da vindeira lexislatura a metade dos colexios de Galicia sexan trilingües (galego, castelán e inglés).  “O deterioro da exemplar convivencia pacifica entre o galego e o castelán da era popular transformouse nun enfrontamento cunha amplo sector da comunidade educativa pola imposición do ensino en galego e pola falla de respeto ás libertades”, explicaron os populares.