Partido Popular de Lugo

O GPPP PUNTUALIZA QUE O PECHE DAS TRANSFERENCIAS DOS HOSPITAIS PROVINCIAIS NON SERÁ EFECTIVO ATA QUE SE ASINE O ACORDO

Lugo, a 11 de febreiro de 2009.- O GPPP considera que a Deputación funciona “a golpe de impulsos” no proceso de transferencias dos hospitais provinciais ó Sergas, despois de que hai prácticamente un ano a propia Xunta lle marcara a axenda ó Sr. Gómez Besteiro, e dubida de que se estean a respetar os intereses dos cidadáns desta provincia.

Puntualizan os populares que “eso de pechar o marco” non quere dicir nada porque nada se asinou na reunión de onte e, polo tanto, todo o que se diga quedará pendiente da correspondente sinatura.

O GPPP, logo de reiterar o seu convencemento de que os hospitais deben ser transferidos, puntaliza que éste non debe facerse a calquera prezo e que a data do 1 de xullo non deixa de ser unha referencia, que o tempo dirá se se cumple. Calquer acordo que se adopte, insisten os populares, ten que se beneficioso para o conxunto dos lucenses.

Suliñan asimesmo que  tampouco onte se cuantificou o acordo en materia económica, porque xa se daba por descontado que a Xunta debería asumir non só o pago ata o 2005, senón todo o que se xenerou e se vai seguir xenerando, polo que non vale pechar a cuantificación a 31 de decembro de 2008.

A Xunta, ademais, non abonou o que debía ó día, polo que os cidadáns desta provincia están a financiar os servicios que lle correspondería pagar á administración autonómica.

Outro matiz que fai o GPPP ó anuncio feito onte sobre a transferencias dos hospitais ó Sergas, refírese á prohibición de usos residenciais nas parcelas nas que se ubica o San José. Matizan os populares que esta non é cuestión que poida decidir a Deputación, e que estará sempre suxeita á discriminación que poida facer o concello de Lugo de acordo coa Xunta de Galicia.

Para o GPPP hai elementos suficientes para dubidar da boa fe tanto do presidente da Deputación coma da Xunta, e que as súas decisións poden chocar cos intereses xerais dos cidadáns desta provincia. En concreto, salientan os populares, non se garante a continuidade do Hospital San Rafael, o que entra en contradicción cos procesos seguidos no resto de Galicia. Deputación e Xunta deberán aclarar que vai pasar coa finca segregada do San Rafael, se vai continuar aberto, ou, se finalmente se pecha, que fará a Xunta con el.

O GPPP insiste en que estas cuestións deben ser debidamente aclaradas pola Deputación e pola Xunta porque de non ser así poderíase pensar que o de onte foi unha mera posta en escea ás que xa nos tén habituados o Presidente da Deputación.