Partido Popular de Lugo

RAQUEL ARIAS: “BLANCO RESTALLLE CREDIBILIDADE Ó PSOE CADA VEZ QUE ABRE A BOCA PARA FACER UNHA PROMESA”

Monforte, a 10 de febreiro de 2009.- “O Partido Socialista perde credibilidade cada vez que José Blanco visita a Zona Sur e abre a boca”, asegurou a cabeza de lista do PP por Lugo ás vindeiras autonómicas Raquel Arias.

“O número dous dos socialistas, que vai de eterno aspirante a ocupar unha silla no Goberno de Zapatero, sempre ven a falarnos de infraestructuras e do pulo determinante que a súa xestión fixo para que se convirtan en realidade. Como non podería ser doutro xeito, voltou a falarnos desa estupenda autovía Ponferrada-Monforte que é o seu tema estrela en todos os mítines nos que participa neste cidade dende hai longo tempo. Pero a autovía aínda non está feita e eso que alá polo 2004, concretamente en Monforte o 28 de febreiro, dixo que ían comenzar as obras de xeito inminente”.

Arias lembrou que a aposta dun Goberno por unha zona ou por unha provincia mídese polos proxectos incluidos nos ornamentos. Nos ornamentos de 2009 para a Zona Sur non aparece un só dato positivo, posto que infraestructuras tan importantes como a propia A-76 ou a autovía A-72 Monforte-Chantada teñen partidas irrisorias (255.000 euros e 50.000 euros respectivamente).

FERROCARRIL.- En materia ferroviaria, a actitude do Goberno socialista non pode calificarse de outra cousa que non sexa unha “burla”. Así no tramo Ourense-Lugo, que tiña dende o ano 2003 o estudio informativo rematado e estaba pendente da declaración de impacto ambiental, aparece presupostado con só  250.000 euros, “que nunha obra desta envergadura e como dicir nada.

Na línea Ponferrada-Monforte, engadiu Arias, o que se consigna é “irrisorio” (80.000 euros) para estudios, cando dende o 2003 tiñan consignados os estudios informativos. E resulta que non foi ata o 5 de setembro de 2008 cando o Ministerio de Fomento aproba ese estudio informativo e sometea a información pública. “O resumo: Fomentou mentiu durante catro anos sobre os avances nesta estrada”, apuntillou Arias.

A situación aínda é máis preocupante si se atende ó grado de execución xa que, por exemplo, no AVE Lugo-Ourense nos últimos catro anos investiuse só o 20% do presupostado, co que queda claro, o seu xuízo, que con Zapatero non haberá AVE. 

Raquel Arias preguntouse a razón pola que José Blanco non fixo mención durante a súa estadía na Zona Sur a outra  das obras prometidas reiteradamente por el: a nova comisaría de Monforte, que xa conta cun terreo para albergala tras o acordo unánime adoptado polo pleno da corporación municipal.

VARELA, QUE FALE DO PARO.- A Ricardo Varela, o cabeza de lista dos socialistas por Lugo, Raquel Arias só lle recomendou que reflexione sobre ese refrán de “mira do que presumes e direiche do que careces”. “Non debe esquecer o Sr. Varela, aínda que agora xa estemos en tempo de precampaña, que o balanzo da súa xestión como conselleiro de Traballo foi nula. E se non que llo pregunten ós preto de 20.000 parados que temos na provincia de Lugo ou incluso na comarca de Lemos, onde no mes de xaneiro fóronse ó paro catro persoas ó día, e que só en Monforte e durante ese mesmo mes quedáronse sen emprego tres persoas ó día”.