Partido Popular de Lugo

O GPPP RECOMÉNDALLE Á DEPUTACIÓN DICIR A VERDADE NOS FOLLETÍNS DE AUTOBOMBO POR CAPÍTULOS QUE FINANCIA

Lugo, a 10 de febreiro de 2008.- O GPPP pregúntase ata cándo a Deputación de Lugo seguirá financiando un “folletín por capítulos de autobombo” no que se dan conta das “excelencias” dos membros do equipo de goberno da administración provincial.

Os populares, aínda que recoñecen que xa non lles resulta novidoso que o Presidente Gómez Besteiro bote man deste tipo de método para falar “dos que el considera os seus méritos”.

En calquera caso, dende o GPPP, censuran que o Sr. Besteiro empregue o diñeiro público para dicir mentiras sobre todo nun aspecto tan sensible neste intre pola gran repercusión que ten (non hai que esquecer que os número de parados na provincia ascende a 19.358).

Así, puntalizan os populares, as RPT (Relación de Postos de Traballo) non teñen nada que ver coa creación de postos de traballo; a propia Deputación está a crear emprego temporal, por conseguinte, en precario e incluso utiliza baremos de calificación de, cando menos, dubidosa transparencia coma pode ser o feito de que se puntúe máis a entrevista persoa que unha proba escrita.

O GPPP pide ós responsables da Deputación “seriedade e rigor” e que, xa que adican un bo pellizco á financiación das campañas de marketing, cando menos non nas empreguen para “contar mentiras”. “O equipo de goberno que preside o Sr. Besteiro debería concentrarse máis en traballar e olvidarse un pouco da propaganda”, engaden.