Partido Popular de Lugo

O PP FÍXASE O “VERTIDO CERO” COMO PRINCIPAL OBXECTIVO MEDIOAMBIENTAL NA VINDEIRA LEXISLATURA

Lugo, a 9 de febreiro de 2009.- Un dos obxectivos prioritarios do Partido Popular en materia de Medio Ambiente é acadar o “vertido cero” cunha xestión eficaz e real de todos os residuos porque, segundo explicaron a cabeza de lista desta formación por Lugo e o número dous, Raquel Arias e Jaime Castiñeira, “Galicia non se pode permitir que a metade da basura que se xenera vaia a parar a un vertedoiro”.

Non é tampouco asumible que durante estes catro anos de bigoberno se incrementaran o número de vertedoiros incontrolados porque a Xunta non se preocupou de facer unha xestión axeitada dos residuos en función da súa procedencia.

Así, nos seis primeiros meses da lexislatura, o futuro Goberno do PP poñerá en marcha un novo Plan de Residuos Sólidos Urbanos baseado na reducción dos residuos, a reutilización e a reciclaxe.

O Sr. Manuel Vazquez será recordado, engadiron, “como o conselleiro que esparciu a basura por Galicia xa que, despois de catro anos criticando a xestión dos residuos instaurada polo PP, non aportou ningunha solución a un problema que el mesmo creou pola súa ineficacia e por concentrar todos os seus esforzos en desenvolver unha amplísima campaña de marketing coa que tentar tapar o estancamento no que mantivo a súa área de competencia”.  

Arias e Castiñeira preguntáronse ónde acabaron as promesas sobre Medio Ambiente de hai catro anos.

Onde está a nova política de residuos que prometeron? Non hai nada en marcha.

Ónde están esas depuradoras que ía haber en cada concello de máis de 2.000 habitantes? É difícil cumprir esa promesa se o ritmo de construcción destes catro anos foi de cinco EDARs por ano fronte ás 14 ano do goberno anterior.

Ónde está o incremento da superficie protexida da Rede Natura? Todo quedou nun anuncio porque non se ampliou a rede de protección nin un metro cuadrado. 

Qué foi da Galicia dos 1.000 ríos que se ía protexer e potenciar? A protección imposta sobre as paraxes naturais non responde nin sequera ó sentido común; cabreou a todos e non acadou ningún dos seus obxectivos.

Ónde está a comprometida reducción das emisións de CO2? Galicia está a superar as emisións que había hai catro anos e está a incumplir os límites marcados pola Unión Europea. 

UNHA ÚNICA CONSELLERÍA.-  O PP aposta, de entrada, pola creación dunha única consellería que englobe a ordenación do territorio, o urbanismo e o medioambiente que “acabe co descontrol e as contradiccións que houbo nesta pasada lexislatura”.

O novo Plan de residuos sólidos urbáns (RSU),  complementarase coa construción de novas instalacións para o tratamento dos RSU que  complementen á planta de Sogama, actualmente saturada, e coa dotación de puntos limpos en todos os concellos de máis de 3.000 habitantes. En materia de depuradoras, para superar “o parón dos últimos catro anos”, licitarase conxuntamente proxecto e obra para axilizar a posta en servizo das instalacións pendentes.

O PP, segundo salientaron Arias e Castiñeira, leva no seu programa electoral actuacións concretas a executar na vindeira lexislatura. Farase especial fincapé na dotación de saneamentos (28 concellos están pendentes da posta en marcha deste servicio, entre os que se inclúe o saneamento rural da capital).

A construcción da presa do Muradal en A consagrada, “xa unha vella demanda”; a construcción dunha planta de residuos sólidos urbanos en A Pontenvoa e outra planta de tratamento de plásticos agrícolas en Guntín son outras das actuacións de goberno previstas polos populares.