Partido Popular de Lugo

BARREIRO LAMENTA QUE RICARDO VARELA “DISFRUTE LAPEXANDO NO FANGO”

Lugo, a 9 de xaneiro de 2009.- O Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro ironizou hoxe en Lugo sobre o gran interese que desperta no cabeza de lista dos socialistas lucenses Ricardo Varela a súa relación co Presidente  rexional do PP Alberto Núñez Feijoo indicando que “mellor sería que se adicara a resolver os problemas que teñen os galegos que se están a quedar sen traballo  na vez de preocuparse das nosas relacións que, por outra banda, son excelentes”. 

“Na provincia de Lugo o Sr. conselleiro de Traballo levou ó paro o pasado mes de xaneiro a 50 persoas diarias, e xa ascenden a 19.358. Esto é o importante e o grave pero de esto é precisamente do que non quere falar Ricardo Varela, quen opta por meter temas que non interesan a ninguén para disimular a súa incapacidade e a súa nefaste xestión ó fronte de Traballo”.

O Presidente provincial popular indicou neste sentido que “xa estamos acostumados a que Ricardo Varela esté máis preocupado polo que pasa na casa dos demais que na súa propia” e xa incluso “somos coñecedores de que el como o seu compañeiro José Blanco atópase como peixe na auga lapexando no fango”.

“É unha magoa”, engadiu, “que alguén coa súa traxectoria aspire a manterse no Parlamento galego como representante dos lucenses ós que non soubo ou non quixo defender”.

Barreiro reiterou as declaracións efectuadas o pasado venres a raíz da decisión de Núñez Feijoo de apartar da lista a Luis Carrera, indicando que o “Presidente do PPdeG deu un exemplo de responsabilidade e coherencia, “un proceder do que non poden presumir nin socialistas nin nacionalistas, máis preocupados polo mobiliario de deseño ou por colocar ós seus amigos a dedo, que de resolver os problemas dos galegos, empezando por buscarlle unha solución ós máis de 200.000 que non teñen traballo”.