Partido Popular de Lugo

O GPPP PREGUNTA CÁNDO ESTARÁN REMATADOS OS PARQUES DE BOMBEIROS

Lugo, a 7 de febreiro de 2009.- O GPPP pregúntase cándo estarán rematados os parques de bombeiros que establece o consorcio  porque, a día de hoxe, só está construído o de Barreiros, no de Viveiro aínda non comenzaron as obras, como acontece tamén co de Sarria, e os outros dous están nos cimentos.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, lamenta que Lara Méndez veña agora presumindo de comprar material, cando ela dixo hai ano e medio que o parque de Barreiros estaría aberto “no primeiro trimestres de 2008”. A situación demostra que  “ou non se entera de nada do que acontece nin na Deputación nin en Cervo, ou directamente mentiu. Cabe ainda outra opción, que se un compendio de ambas posibilidades”.

“Sobre o que non cabe dúbida é pola Deputación non vai moito, como o demostra que sexa un dos membros da xunta de goberno que máis falta ás sesións da mesma, e eso que cobra unha considerable adicación exclusiva”, engadiu.

Para Barcia, é “unha evidencia” que, “ata que non se constrúan os parques e haxa dotación de persoal cualificado”, o material que se compre estará parado, inservible, como o están os cinco camións nodriza, que están aparcados nunha nave fora da provincia de Lugo.  

Conclúe o voceiro adxunto do GPPP “que o pouco que se fai non se fai cunha programación axeitada, porque se non hai quen manexe o material, xa nos dirán para que serve”.

A Deputación provincial debería explicar, engade, qué se vai facer co novo material que adquira e qué uso se lle vai dar, “porque se están investindo preto de tres millóns de euros, e parece lóxico supoñer que será para que entre en servicio de xeito inmediato”.