Partido Popular de Lugo

ARIAS: “OS LUCENSES AGARDAN UN MES MÁIS QUE O RESTO DOS GALEGOS PARA SER ATENDIDOS POR UN ESPECIALISTA”

Lugo, a 7 de febreiro de 2009.- “A xestión sanitaria é un dos elementos fundamentais para valorar se un goberno é eficaz e eficiente. E a eficacia e a eficiencia non é precisamente polo que destacou o bipartito nesta lexislatura”, explicou a cabeza de lista do PP por Lugo Raquel Arias.

O balance en materia sanitaria do bipartito fallou estrepitosamente. Ese fallo evidenciase polo caos na xestión sanitaria (o equipo directivo da consellería cambiou ata tres veces); viviuse a lexislatura de maior conflictividade laboral que se lembra e, o peor de todo, polo deterioro na accesibilidade e na calidade da asistencia sanitaria (constantes colapsos nas urxencias hospitalarias, listas de espera longísimas, axendas pechadas en varias especialidades e “algo inaudito” ata o momento, hai listas de espera para acudir ó médico de cabeceira.

“Se este resumo do servicio sanitario pode calificarse de catastrófico en toda Galicia, o é aínda máis na provincia de Lugo. O tempo de espera nas diferentes especialidades e nos distintos hospitais da provincia son de récord histórico e os datos poden constatarse na propia páxina web da Consellería de Sanidade”, recalcou Raquel Arias.

Así, no Xeral-Calde de Lugo, “o peor hospital de Galicia en listas de espera, só por detrás de Povisa de Vigo”, prácticamente todas as especialidades incrementaron o tempo medio de espera se comparamos os datos de 2005 e os actuais de 2008.

O tempo medio de espera en especialidades como Xinecoloxía é de 126 días (37 días máis que hai catro anos); en Reumatoloxía 72 días (42 máis que hai catro anos); en Rehabilitación, 94 días (37 máis que hai catro anos); en Neuroloxía, 101 días (58 máis que hai catro anos); en Dermatoloxía, 67 días (44 máis que hai catro anos) e en Alergoloxía, 78 días (41 máis que hai catro anos). 

Nalgúns casos, coma no servicio de Anxioloxía e ciruxía vascular, o incremento é alarmante, xa que aumentou a media en 116 días, sendo a espera media de máis de sete meses e medio (223 días).
A comparativa deste centro coa media galega tamén é negativa para o hospital lucense, xa que supera a espera media en 26 días.  

HOSPITAIS DA COSTA E MONFORTE.- Non queda tampouco en bo lugar o Hospital da Costa, xa que a espera media para ser atendido por un especialista pasou de ser en 2005 de 65 días a 76 no 2008; nin o Hospital comarcal de Monforte nas que en 17 especialidades aumentou o tempo de espera con respecto ó 2005 dende, por exemplo, os catro días contabilizados no servicio de Anestesioloxía e reanimación (pese a elo dobrouno ó pasar de 4 a 8 días) ata os 38 de Dixestivo (pasou a media de 16 a 54 días). 

Estes datos son, ó entender da cabeza de lista popular, “inaceptables” e como tal, segundo recalcou, “o PP fixouse coma un dos seus pilares básicos de actuación na vindeira lexislatura arranxar de maneira urxente esta desfeita. Os compromisos adquiridos polo PP son inequívocos neste ámbito”.

Así, “de entrada” puntualiza Arias, o PP fixará por lei os tempos máximos de espera de calquera paciente na sanidade pública: 60 días para unha intervención cirúrxica e 45 días para a primeira consulta co especialista. Crearanse unidades específicas de atención á muller e porase en marcha un plan para a mellora das infraestructuras sanitarias, acelerando a execución dos proxectos previstos e poñendo en marcha novas actuacións en hospitais e centros de saúde.

COMPARANDO O TEMPO DE ESPERA DOS PACIENTES DOS DISTINTOS SERVIZOS DO SERGAS NO ANO 2005 (PP) CO DE 2008 (PSOE-BNG).

SERVIZOS
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2005
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2008
AUMENTO 2005-2008
ANESTESIOLOXIA E REANOMACION
18
43
+25
ANXIOLOXÍA E CIRUXIA VASCULAR
101
127
+26
CIRURXIA PEDIATRICA
25
63
+38
CIRURXIA PLASTICA E REPARADORA
77
81
+4
CIRURXIA TORACICA
9
11
+2
CIRURXIA XERAL E DIXESTIVA
37
39
+2
CIRURXIA CARDIACA
16
18
+2
DERMATOLOXIA
36
54
+18
DIXESTIVO
41
56
+15
HEMATOLOXIA CLINICA
20
38
+18
MEDICINA INTERNA
23
29
+6
MEDICINA NUCLEAR
2
22
+20
NEFROLOXIA
26
28
+2
NEONATOLOXIA
15
23
+8
NEUMOLOXIA
36
43
+7
NEUROCIRUXIA
45
80
+35
NEUROLOXIA
47
69
+22
OBSTETRICIA
22
37
+15
OTORRINOLARINGOLOXIA
32
33
+1
PEDIATRIA
37
41
+4
RADIOTERAPIA
4
9
+5
REUMATOLOXIA
48
59
+11
TRAUMATOLOXIA
39
47
+8
UROLOXIA
45
54
+9
XINECOLOXIA
102
104
+2

 

A FONTE DOS DATOS É A PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE.


COMPARANDO O TEMPO DE ESPERA DOS PACIENTES DOS DISTINTOS SERVIZOS DO HOSPITAL XERAL CALDE DE LUGO NO ANO 2005 (PP) CO DE 2008 (PSOE-BNG). HOSPITAL XERAL-CALDE DE LUGO

SERVIZOS
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2005
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2008
AUMENTO 2005-2008
ALERGOLOXIA
37
78
+41
ANXIOLOXIA E CIRUXIA VASCULAR
107
223
+116
CIRUXIA PLASTICA E REPARADORA
5
9
+4
CIRUXIA XERAL E DIGESTIVA
20
44
+24
DERMATOLOXIA
23
67
+44
DIXESTIVO
36
60
+24
MEDICINA INTERNA
15
21
+6
NEFROLOXIA
0
51
+51
NEUMOLOXIA
42
43
+1
NEUROLOXIA
43
101
+58
OBSTETRICIA
3
8
+5
OFTALMOLOXIA
65
85
+20
ONCOLOXIA MEDICA
3
14
+11
OTORRINOLARINGOLOXIA
23
42
+19
PSIQUIATRIA
35
44
+9
REHABILITACION
57
94
+37
REUMATOLOXIA
30
72
+42
TRAUMATOLOXIA
31
55
+24
XINECOLOXIA
89
126
+37

 

 

A FONTE DOS DATOS É A PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE.

COMPARANDO O TEMPO DE ESPERA DOS PACIENTES DOS DISTINTOS  SERVIZOS DO SERGAS (MEDIA DE TODA GALICIA) CO HOSPITAL XERAL CALDE DE LUGO NO 2008

SERVIZOS
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2008 SERGAS
TEMPO MEDIO DE ESPERA ANO 2008 HOSPITAL XERAL CALDE DE LUGO
AUMENTO

 

ALERGOLOXIA
54
78
+24
ANXIOLOXIA E CIRUXIA VASCULAR
127
223
+96
CIRUXIA XERAL E DIXESTIVA
39
44
+5
DERMATOLOXIA
54
67
+13
DIXESTIVO
54
60
+14
ENDOCRINOLOXIA
51
53
+2
MEDICINA PREVENTIVA
21
31
+10
NEFROLOXIA
28
51
+23
NEUROLOXIA
69
101
+32
OFTALMOLOXIA
74
85
+11
ONCOLOXIA MEDICA
11
14
+3
OTORRINOLARINGOLOXIA
33
42
+9
PSIQUIATRIA
32
44
+12
REHABILITACION
40
94
+54
REUMATOLOXIA
59
72
+13
TRAUMATOLOXIA
47
55
+8
XERIATRIA
55
59
+4
XINECOLOXIA
104
126
+22

 

 

 

 

TOTAL
65
91
+26

 

A FONTE DOS DATOS É A PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE