Lugo, a 6 de febreiro de 2009.- A candidatura por Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas, que encabeza Raquel Arias, mativo esta tarde en Lugo unha reunión de traballo co Presidente provincial do partido, José Manuel Barreiro, para ir ultimando as liñas básicas dos actos que se desenvolverán na provincia durante a campaña electoral e na que se incluiu tamén un tema de última hora, a decisión do Presidente rexional e candidato á presidencia de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de apartar da candidatura de Ourense ó cabeza de lista, Luis Carrera, por no estar ó día no pago de impostos con Facenda.
José Manuel Barreiro manifestou a este respecto que dende o PP de Lugo “respaldamos sen ningún tipo de fisuras a decisión adoptada polo noso Presidente rexional”. Calificou, de feito, “o paso dado por Feijoo coma un exemplo de responsabilidade e coherencia, que o afianza aínda máis no seu liderazgo como presidente do noso partido”.
“Feijoo fixo o que se espera dun candidato á presidencia da Xunta de Galicia serio e con capacidade para liderar a rexeneración que precisa de xeito urxente o Goberno de Galicia”, engadiu.
O Presidente dos populares lucenses insistiu en sinalar que “a rapidez coa que reaccionou Feijoo nunha cuestión tan delicada como esta contrasta coa posición doutros aspirantes á Presidencia da Xunta que están tan tranquilos despois de avalar un concurso eólico millonario que esta baixo sospeita ou que empregan un bo puñado de millóns de todos os galegos en luxos absurdos”.
Barreiro tamén se referiu as súas expectativas sobre o resultado electoral do PP na provincia de Lugo. Amosouse neste senso confiado en “manter os oito deputados e incluso en subir un máis, ata chegar os nove”.
Engadiu ademais que a campaña do PP será a “pe de rúa, explicando pormenorizada o programa de goberno que queremos levar acabo sobre todo para mitigar o antes posible os efectos negativos da crise económica. Resolver o problema do paro será o noso primeiro obxectivo”.