Partido Popular de Lugo

EN XANEIRO, CADA DÚAS HORAS, UN MARIÑÁN PERDEU O SEU POSTO DE TRABALLO

A Mariña, 05 de febreiro de 2009.- O pasado mes de xaneiro, cada dúas horas, un veciño da Mariña perdía o seu emprego. Esta alarmante estatística que implica un deterioro da situación económica de moitas familias aparece acreditada polos datos oficias sobre paro rexistrado coñecidos nos últimos días e que foron obxecto de análise en rolda de prensa polo candidato mariñán do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol. O dirixente popular explicou que o número de desempregados na nosa comarca está a piques de superar á barreira das 4.000 persoas despois de que 372 veciños e veciñas da Mariña perderan o seu posto de traballo no primeiro mes de 2009.

A DESTRUCIÓN DE EMPREGO CHEGOU CON TODA A SÚA INTENSIDADE.- Falando en termos porcentuais, nos primeiros trinta e un días do ano en curso, o paro creceu un 9,7% na nosa comarca. Esta cifra supera amplamente o porcentaxe de incremento do desemprego no conxunto da provincia, é moito peor que a media autonómica e moito máis negativa que a rexistrada no conxunto de España. Despois de coñecer estes datos, resulta máis evidente –segundo Balseiro Orol- que as políticas da Xunta e do Goberno central para frear a destrución de emprego fracasaron estrepitosamente, e que o forte ritmo de destrución de postos de traballo chegou en toda a súa plenitude á Mariña lucense. De feito, aqueles que falaban de taxas de paro do 4% para xaneiro de 2009 atópase agora con índices próximos ao 10%.

Porcentaxe de variación mensual
Diferenza
A MARIÑA
9,67

 

LUGO
8,38
-1,29
GALICIA
6,01
-3,66
ESPAÑA
6,35
-3,32

Unha vez máis, o desemprego afecta a todos os sectores produtivos: Hai 799 parados no sector servizos, 123 no ámbito industrial, 190 na actividade da construción, 144 no colectivo sen emprego anterior, e 75 no ámbito da agricultura e da gandería.

En todos estes sectores a variación do paro no último mes arroxa tamén un resultado negativo. O desemprego afecta de xeito especial ás mulleres que xa representan o 57% do total de persoas en paro.

Agricultura Ganderia
Industria
Construción
Servizos
Sen emprego anterior
+32,5%
+32,0%
+75,4%
+27,6%
+3,3%

 

 

Comarca
Total persoas
Total homes
Total mulleres
A MARIÑA CENTRAL
1.516
664
852
A MARIÑA OCCIDENTAL
1.622
663
959
A MARIÑA ORIENTAL
855
393
462
TOTAL
3.993
1.720
2.273

 

persoas
43% do total
57% do total

 

CÓMPUTO ANUAL.- Balseiro Orol apuntou que no último ano (xaneiro 2008-xaneiro 2009) a destrución de emprego aumentou nun 30%, polo que hoxe temos 847 parados máis que fai doce meses e, pese a iso o Goberno de Touriño, de Quintana e de Ricardo Varela, máximo responsable das políticas activas de emprego en Galicia, está desaparecido. Precisamente esta falta de reacción dos actuais dirixentes da Xunta implica que os mariñáns estean a sufrir os efectos da crise multiplicados por dez. A esta situación contribúen as políticas de división e descordinación do bipartito.

Finalmente, Balseiro ofrece exemplos específicos do “drama” do paro na Mariña: 500 desempregados en Foz, 221 en Mondoñedo, 514 en Burela, superada a barreira do millar en Viveiro (1.092 persoas) e 572 en Ribadeo.