Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA: “SE OS MINISTROS VEÑEN A LUGO A COSTAR CARTOS É MELLOR QUE NON VEÑAN”

Lugo, a 5 de febreiro de 2009.- “A foto da visita de hoxe da ministra de Medio Ambiente vainos saír moi cara ós lucenses. Os ministros e conselleiros que veñan á nosa cidade debería traer cartos ou compromisos reais de inversións e eso é precisamente o que non tran”, explicou hoxe o número dous da candidatura por Lugo Jaime Castiñeira, que asegurou ademais que “ésta é outra burla dos socialistas a nosa cidade e un exemplo máis do derroche ó que desgraciadamente xa nos teñen acostumados“. 

“Non nos merece a pena que veña unha ministra, que non aportou os cartos precisos para entregar a potabilizaroda funcionando, o que obrigou ó concello a contratar durante un mes a unha empresa, que costará 21.000 euros, únicamente para que a funcione mentres ela está de visita e poida facerse a foto”, engadiu Castiñeira“.

Castiñeira tamén lembrou que a Estación depuradora de augas residuais (Edar) de Lugo tiña que estar rematada neste ano, pero pola constante reducción orzamentaria aplicada polo Ministerio de Medio Ambiente (nas contas de 2008 houbo unha reducción do 30 por cento con respecto a 2007), e que ascendeu a  “nada menos que 3,3 millóns de euros”, retrasarase ata o vindeiro ano.

Un retraso que, segundo salientou, foi unha constante entre 2004 e 2008 xa que pese a que na conta de inversións do ministerio que dirixe Elena Espinosa consignouse en total 47 millóns de euros para este proxecto, 30 millóns quedaron sen executar, é decir, o 68 por cento.

O número dous da candidatura popular por Lugo tamén acusou á consellería que encabeza Manuel Vázquez de ter totalmente abandonada á provincia de Lugo en materia de saneamento. “A súa xestión nesta materia foi prácticamente nula durante esta lexislatura. Limitouse a paralizar todas as obras que tiña previsto realizar o anterior goberno da Xunta”, sentenciou.

De feito preto da metade dos concellos da provincia de Lugo demandan melloras nas redes de saneamento municipais. Trátase concretamente de 28 concellos ubicados nas comarcas de Chantada (Chantada, Tabeada e Carballedo); Lugo (Lugo, O Corgo, Guntín, Friol, Rábade e Outeiro de Rei,), Meira (Meira), Quiroga (Quiroga e Ribas do Sil con depuradora incluida), Sarria (O Páramo, Samos e Portomarín), Terra Chá (Abadín), Ancares (Navia de Suarna), Terra de Lemos (Monforte, Sober, A Pobra do Brollón e O Saviñao) e A Mariña (Foz, O Viñedo, Xove, Cervo, Barreiros, A Pontenova, Lourenzá e Alfoz), os que presentan importantes deficiencias e requiren por tanto ampliacións ou melloras no seu saneamento.