Partido Popular de Lugo

ARIAS: “EN XANEIRO, CADA DÍA, FÓRONSE Ó PARO 50 LUCENSES. ESA É A POLÍTICA DE EMPREGO DE RICARDO VARELA”

Lugo, a 4 de febreiro de 2009.- “Que clase de garantía ou perspectivas de futuro pode ofrecer o conselleiro de Traballo e cabeza de lista dos socialistas por Lugo se non foi quen de poñerlle coto nin freno a esta sangría que día tras día, mes tras mes, é o paro?”, preguntáronse hoxe o Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e a cabeza de lista e os números dous e tres desta formación  pola provincia, Raquel Arias, Jaime Castiñeira e José Manuel Balseiro.

“Lugo é a provincia galega onde máis subiu o desemprego durante xaneiro, un 8,4 por cento, o que quere dicir que medio cento de persoas quedaronse sen emprego cada día na nosa provincia o mes pasado. Qué lles vai a dicir o Sr. Ricardo Varela a eses 1.497 lucenses máis que pasaron a engrosar as listas do paro e que xa suman 19.358, que todo vai ben e que Galicia ten un plus de resistencia para afrontar mellor a crise?”, apuntillou Raquel Arias.

O Sr. Varela será recordado, segundo salientaron os populares,  como o conselleiro do desemprego, como o conselleiro que foi incapaz de evitar que os parados en Galicia superaran esa barreira psicolóxica dos 200.000 (durante o mes de xaneiro 381 persoas perderon o seu emprego cada día; 16 cada hora).
“Fixo oidos xordos ás advertencias de que os efectos da crise deixaríanse sentir na nosa comunidade algo máis tarde que no resto do Estado. Non fixo os deberes, non cumpriu coas obrigacións que lle correspondían  como conselleiro de Traballo, quizais porque estivo máis preocupado e concentrado en atender as súas responsabilidades coma secretario de organización do seu partido que en buscar solucións ós problemas que xurdían”, aseguraron.  

Lembraron asimesmo os datos do paro na provincia de Lugo en 2005. Daquela había 15.501 persoas desempregadas; catro anos despois a cifra incrementouse nun 20 por cento, ata cegar ós 19.358.

Os populares tamén suliñaron que o Goberno da Xunta centrou os seus esforzos en dicir que había que facer estudos e análises, en clara alusión ós pactos territoriais polo emprego, “dos que, por certo, aínda non se coñece ningún resultado”.

“Varela, como outros compañeiros seus de goberno, adicouse a montar chiringuitos alí onde máis conviña políticamente pero pasando por alto as verdadeiras necesidades e sobre todo o raciocinio e o sentido común. O resultado: ningún”, explicaron.

 “Agora, ademais dos técnicos locais de emprego e dos orientadores laborais, temos unha nova axencia supramunicipal da que non temos noticia aínda de que fixeran nada, pero aí están, creando, cando menos, algún posto de traballo que, tendo en conta os tempos que corren, algo é”, engadiron.

ALGUNHAS SOLUCIÓNS: APOIO ÁS PEMES E PROMOCIÓN DA FP.- O bipartito, ó entender do Partido Popular, non buscou solucións ós problemas que xa se vían vir e que “afectaron de maneira drástica ó emprego”.  Así, unha das principais eivas do goberno bipartito nos últimos catro anos foi non ter posto en marcha un plan económico estratéxico coherente e consensuado con todos os axentes sociais, un plan que en época de crise se fai aínda máis necesario.

A posta en marcha deste plan estratéxico será unhas das primeiras actuacións que o Goberno do PP, presidido por Feijóo, presentará ós axentes sociais e ó Parlamento, nos primeiros 100 días de mandato.

O PP tamén potenciará e favorecerá ás pequenas e medianas empresas, como base da sector productivo galego,  así como a iniciativa empresarial, que é determinante á hora de crear e manter postos de traballo. Neste senso, o PP simplificará os procedementos administrativos e reducirá as cargas fiscais á hora de poñer en marcha unha nova empresa.

Unhas actuaccións que, entre outras, complementaranse coa baixada do Imposto de Sociedades para as Pemes, que quedaría no 20%, reducindo o tipo xeral do 30% ó 25%; a supresión do imposto de Sucesións e Doazóns; no tramo autonómico do IRPF; e do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

Outro dos aspectos nos que incidirán os populares dende o goberno da Xunta, segundo explicaron hoxe, será na potenciación da formación profesional. “A gran esquecida polo bipartito”, segundo indicaron os populares, “como demostra o feito de que nos últimos catro anos a FP perdera 13.600 alumnos ”.

A F.P. é máis importante aínda en época de crise polo que resulta crucial impulsar un sistema que ofreza una formación innovadora, flexible e adaptada as necesidades do mercado de traballo, e eso será o que faga o Partido Popular”, engadiron.