Lugo, 3 de febreiro de 2009.- “A Ministra de Fomento vén a Lugo a burlarse dos lucenses. Só vén buscando unha foto”. Deste xeito interpreta o Partido Popular a visita de Magdalena Álvarez a Lugo para presentar o proxecto da nova ponte sobre o Miño. “Os socialistas, faltos de obras que inaugurar optan por presentar bocetos e proxectos cando, a estas alturas, o que tiñan era que vir á cidade para inaugurar as infraestructuras que nos prometeron a todos os lucenses”.
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, fixo un repaso das veces que o señor Blanco anunciou esta obra e que comprometeu realizar, con distintos prazos, sen éxito”.
Ausencia do PP.- Os populares anunciaron, na comparecencia de prensa desta mañá, que non partiparán no “acto electoralista e de autobombo” programado para esta tarde, no concello, “e que conta coa complicidade do alcalde”.
Non é esta a primeira vez que o Grupo Municipal do PP manifesta o seu desacordo coa política propagandística do equipo de Orozco. Xa o mes pasado non acudiron á presentación do boceto do futuro auditorio. “Desta volta nin tan sequera nos imos molestar en dárlle unha carta explicativa dos motivos da nosa ausencia, porque o desta Ministra é de nota”, puntualizou o vocerio popular no concello de Lugo, Joaquín García Díez.
Conexión coa cidade.- Tendo en conta as informacións facilitadas polo equipo de goberno relativas á futura conexión da nova ponte coa cidade os populares criticaron a falta de respecto de Orozco e os seus “por non respectar nin os acordos de pleno, nin o plan xeral”.
Hai un incumprimento claro, por parte de Orozco, dun acordo plenario no que se aprobou que a conexión da nova ponte sobre o Miño coa cidade evitaría afectar ao Parque de Marcos Cela. “Unha vez máis se pon en evidencia a debilidade de Orozco en Madrid: o alcalde se dobrega ao criterio do seu partido por riba dun acordo de pleno”.
Con respecto ao Plan Xeral os populares lembraron que o documento non contempla a saída da ponte a través do parque Marcos senon a través da estrada vella de Santiago.