Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “É LAMENTABLE QUE ZAPATERO E TOURIÑO VEÑAN UNHA VEZ MÁIS A MENTIRLLE OS LUCENSES”

Lugo, a 2 de febreiro de 2009.- O Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro lamentou que o Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero repetira durante o seu mitin na capital provincial “as mesmas mentiras sobre as súas previsións de recuperación económica pese a que os  datos manexados polos expertos e polos organismos nacionais e internacionais seguen sen compartir o seu optimismo. Menos mal que xa non fixo referencia a recuperación milagre do mes marzo” e “pasara por alto explicar por qué as  infraestructuras  prometidas acumulan tanto retraso”.

Barreiro criticou o “atrevemento” de Zapatero de seguir falando do voto emigrante despois “das desafortunadas declaracións” do alcalde de Lugo durante a súa visita a Arxentina nas que animaba ós galegos residentes no exterior a votar aínda que non teñan os seus documentos en regra. “Insistir neste asunto despois do pronunciamento da Xunta Electoral Central é facer o ridículo e confirmar as sospeitas de que o proceder dos socialistas sobre o voto exterior non é todo o limpo que debera”.

En opinión de Barreiro, Zapatero tería que ter explicado por que nos orzamentos do Estado deste ano Lugo é a provincia galega que menos aportación do Estado recibe, por qué o nivel de execución dos orzamentos de 2007 na provincia, pese a ser un exercicio xa pechado, é de tan só o 49 por cento e no primeiro semestre de 2008 é do 18, 4 por cento. “Fomento só invertiu nos primeiros seis meses de 2008 o 27,5 por cento da inversión prevista o que explica os retrasos na construcción das autovías e da nova ponte sobre o Miño ou a razón pola que o AVE non chegará a Lugo ata o 2018-2020”, explicou.

O Presidente dos populares lucenses tamén criticou que “agora Touriño diga que vai bombear 2.000 millóns de euros para a obra pública e especule coa creación de 40.000 empregos. Parece esquecer que o seu conselleiro de Traballo e cabeza de lista dos socialistas en Lugo prometeu crear 30.000 postos de traballo no ano 2008 pero en realidade o que fixo foi destruir máis de 35.000. A promesa de Touriño non chega, por tanto, nin a cubrir a desfeita que en materia de emprego fixeron os socialistas durante este catro anos ó fronte da Xunta”.

Suliñou nesta liña Barreiro que, segundo as cifras de Eurostat,  España foi o país da Unión Europea onde máis subiu o paro en 2008, ó tempo que indicou que durante o pasado ano en Galicia algo máis de 32.000 autónomos cesaron a súa actividade polos efectos da crise, o que supón un incremento de máis do 42 por cento con respecto ó exercicio anterior. 

REDUCCIÓNS E RETRASOS.- Touriño debería explicarlle ademais ós lucenses, segundo o Presidente do PP de Lugo, por qué nos presupostos da Xunta hai para a provincia 44 millóns de euros de inversión menos este ano que o anterior ou as razóns dos retrasos na construcción do auditorio de Lugo ou da ronda este ou incluso os motivos polos que o Plan Paradai se vai demorar ata o 2011, ó igual que a entrada en funcionamento do parque empresarial de As Gándaras”.

“Voltar a utilizar a Lei de dependencia como reclamo electoral é unha farsa se temos en conta que na provincida de Lugo nin sequera están a cobrar as prestacións o 3,3 por cento dos que teñen dereito a elas e desgraciamente moitos non chegaron a cobralas e outros non o farán”, egadiu Barreiro. 

“Zapatero e Touriño viñeron a Lugo, como sempre fan, a enmascarar con boas palabras a súa falla de compromiso e de aposta pola provincia, pero xa niguén cree as súas mentiras”, apostillou.