Lugo, a 30 de xaneiro de 2009.- O GPPP reitera as súas críticas á Deputación polo que califica como actuación descoordinada e ineficaz durante as nevaradas do pasado mes de decembro así como durante o temporal da pasada fin de semana.
Os populares consideran que está fora de lugar que dende o organismo provincial se insista en facer alarde de medios materiais e humáns para compensar a falta de eficacia e coordinacións nas tarefas desenvolvidas. Insisten dende o GPPP en lembrar que durante a primeira nevarada de decembro os quitaneves permaneceron no garaxe da Deputación na vez de limpando as estradas provinciais. Un feito que atestiguan os propios partes do servicio.
No que atinxe ó temporal da pasada fin de semana a descoordinación e sobre todo a deixadez ou abandono do que foron obxecto moitos dos concellos da provincia por parte da administración provincial é un feito e así se puxo de manifesto durante estes días.
Como mostra do acontecido baste mencionar que no concello de Guitiriz, por exemplo, no que a meirande parte das estradas estiveron afectadas polo temporal, os propios veciños foron os que durante o sábado actuaron para deixar transitables as estradas e alertar do perigo que supoñía circular por elas debido a existencia de árbores caídos na calzada. É o caso da CP 2301 Guitiriz- Villares, na que, pese a haber moitos árbores caídos, non se colocou ningunha sinal advertindo do perigo e no foi ata o domingo pola tarde cando foron retirados.
Mención especial merece o que aconteceu na CP-2207, no lugar de Lagoa, parroquia de Buriz, onde un poste da luz caeu a estrada e tirou un castaño, que a día de hoxe segue no mesmo lugar, así coma os cables do alumeado público.