Lugo, 30 de xaneiro de 2009.- O futuro Goberno galego do PPdeG garantirá, a través dunha lei específica, que “ningún paciente agardará máis de 45 días por unha consulta ou proba diagnóstica, nin máis de 60 días por unha intervención cirúrxica”. Foi o compromiso adquirido hoxe polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na presentación do programa sectorial da súa formación en materia de sanidade, que advertiu “acabouse o maquillaxe das listas de espera, non dar citas no especialista e, negar as citas no especialista para que non se saiban as listas reais no especialista”.
![]() |
Feijóo anunciou que extenderá ao 100% da poboación a tarxeta e a receita electrónica e implantará s receita de crónicos electrónica –os pacientes crónicos xa non terán que ir cada 15 días a por receitas ao centro de saude-.
ATENCIÓN INTEGRAL Á MULLER.- O PPdeG apostará tamén pola libre elección de médico e de hospital por parte dos pacientes e implantará unidades de referencia asistencial, como as orientadas á atención integral á muller, de ámbito comarcal neste caso. Mellorará, ademais, a atención a doenzas que presentan unha especial incidencia en Galicia, como o infarto de miocardio e o ictus cerebral, mediante unidades específicas nos complexos hospitalarios.
Na atención primaria, o Goberno de Feijóo creará unidades de apoio diágnóstico cun ámbito comarcal coincidente cos Puntos de Atención Continuada e nas que se ofrecerán probas de radioloxía, ecografía, analítica de urxencia, electrocardiografía, holter, retinógrafo ou probas funcionais respiratorias, entre outras, evitando a necesidade de acudir ao especialista e mellorando a capacidade resolutiva do médico de cabeceira.
![]() |
![]() |
OS MELLORES PROFESIONAIS.- Na súa intervención Feijóo enfatizou que o deterioro que rexistra actualmente a sanidade pública galega é achacable, es exclusiva, aos xestores políticos do Goberno bipartito xa que –insistou- Galicia dispón dun “magnífico equipo de profesionais, á altura de calquera país europeo”.
OBRAS PENDENTES.- En materia de infraestructuras, o PPdeG comprométese a concluír as obras do novo hospital de Lugo, que presentan un retraso inadmisible, ao tempo que construirá os novos hospitais de Vigo e Pontevedra. Tamén se rematarán as seguintes obras de reforma integral:
– III e IV fase CHU A Coruña,
– III e IV fase do Hospital de Ferrol,
– II e III fase do Hospital de Ourense,
– Plan Director do Hospital do Salnés,
Logo da parálise dos últimos catro anos, o PPdeG acometerá os plans de construción e renovación de centros de saúde, e construirá novos equipamentos onde sexan necesarios.
![]() |
Referíndose ao caso concreto de Lugo, o PPdeG compromete a execución das obras dos centros de saúde de Carballedo (A Barrela), Sarria, O Saviñao e do Sagrado Corazón (na capital provincial).