Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA: “O PSOE ESTÁ A FOMENTAR UN PUCHEIRAZO CO VOTO EXTERIOR”

Lugo, a 28 de xaneiro de 2009.- Jaime Castiñeira, o número dous da candidatura do PP por Lugo, asegurou hoxe que “o PSOE está a fomentar un pucheirazo co voto exterior nas próximas eleccións autonómicas”.

As declaracións realizadas polo alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, en Arxentina nas que anima a todos os emigrantes galegos residentes no exterior a que voten aínda que non teñan os seus documentos actualizados foron duramente criticadas por Castiñeira, porque “semellan enmarcarse nunca campaña dos socialistas por boicotear a limpeza do voto emigrante”. Ó entender de Castiñeira, “ninguén que teña algunha responsabilidade política se pode atrever a dicir semellante cousa”.

“Cuestionar a decisión da xunta electoral sobre este asunto pon en dúbida”, ironizou  Castiñeira, “o carácter democrático do que tanto fai gala e presume o alcalde de Lugo”.  

Lembra  o candidato popular que as declaracións do rexidor lucense “caen sobre mollado” despois de que a responsable de Emigración do PSOE, Marisol Soneira, xa amosara a pasada semana a súa disconformidade coa decisión da Xunta Electoral Central de esixir que os residentes ausentes se teñan que identificar para participar nas vindeiras eleccións autonómicas. As críticas de Soneira, as que se suma agora Orozco, enmarcanse na negativa sistemática do PSOE a reformar a lei electoral para establecer o voto en furna, depurar o censo de residentes ausentes e establecer maiores garantías para o voto por correo procedente do exterior, como ven reclamando con insistencia o PPdeG para evitar calquera sombra de dúbida sobre estes sufraxios.

“O proceder dos socialistas neste asunto fai xa que todo o que teña relación cos votos do exterior cheire mal. Semella que xa tiñan as sacas preparadas e negociadas con Hugo Chavez e con Cristina Kirchner que a decisión da xunta electoral venlles a trastocar as súas contas. O que pon de manifesto o nerviosismo do PSOE porque os seus responsables saben que sen o pucheirazo do voto exterior non poderán seguir gobernando en Galicia”, concluiu Castiñeira.