Lugo, a 28 de xaneiro de 2009.- O secretario xeral de Partido Popular de Lugo e integrante da candidatura desta formación ás vindeiras autonómicas, José Manuel Balseiro, recomendou hoxe ó cabeza de lista do Partido Socialista, Ricardo Varela, “que se relaxe e se adique a organizar o seu partido na vez de tentar dirixir os dos demais”.
Lémbralle Balseiro que o PSOE leva moitos anos “opositando” na provincia de Lugo a ser a forza más votada pero que ata o momento e a pesar dos “moitos intentos do Sr. Varela e o propio José Blanco os resultados nin os acompañaron nin os avalaron nin o conseguiron e, segundo as enquisas, tampouco desta vota cumplirán o obxectivo polo que terán que seguir opositando”.
“Os resultados son contudentes”, engade, “nas últimas autonómicas o Partido Popular acadou en Lugo 115.650 votos (o que representa o 48,9%) e o Partido Socialista 81.709 (o 34,55%), é dicir, o PP obtivo 8 deputados e o PSOE, 5. Como é posible que con estes resultados o Sr. Varela chegue a tal nivel de autocomplacencia que o leve a afirmar que o seu partido é a forza máis importante da provincia de Lugo cando hai outro partido que lle saca unha ventaxa de 14,35 puntos”.
José Manuel Balseiro puxo tamén en dúbida a credibilidade do cabeza de lista dos socialistas por Lugo, ó que non dubidou en calificar coma “un mal xestor do paro en Galicia”, do que, segundo recalcou, “é responsable como conselleiro de Traballo”. “Prometeu crear 30.000 postos de traballo no ano 2008 pero en realidade o que fixo foi destruir máis de 34.000. A súa xestión ó fronte da Consellería de Traballo foi nefasta”, apuntillou.
Para o secretario xeral dos populares lucenses “tampouco é de recibo” que Ricardo Varela opine sobre as listas doutros partidos políticos. “Penso que debería centrarse en arranxar os problemas que hai na súa casa e que son de gran envergadura tanto polo feito de que a conselleira de Educación non atopara ubicación nas listas como porque el mesmo tivo serias dificultades para encabezar a candidatura por Lugo”, explicou.
“Non hai que olvidar tampouco o conflicto xurdido en Vilalba coa designación da número 4, onde os propios militantes, cousa inaudita ata agora en política, lle pediron á dirección do partido, como recolleron os medios de comunicación, que, polo ben da formación, a retiraran da candidatura. E eso que eu”, engadiu, “non teño nada en contra desta persoa, pero si o teñen os veciños de Vilalba”.