Partido Popular de Lugo

O GPPP INSTA Á DEPUTACIÓN A POÑER EN MARCHA UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE AS NEVERADAS

Lugo, a 26 de xaneiro de 2008.- O GPPP levará o videiro pleno da Deputación unha moción na que se insta a administración provincial a elaborar, durante o presente mandado, un plano que permita incrementar e mellorar os medios de loita contra as nevaradas. 

Os populares tamén piden o establecemento dun plano de colaboración cos concellos que así o demanden para preestablecer a coordinación dos medios de loita contra as nevaradas que se produzan no futuro.

Dende o punto de vista do GPPP, o acontecido durante as últimas semanas puxo de manifesto a falla de coordinación dos medios públicos o que ocasionou que os cidadáns se sentiran totalmente indefensos. É urxente, ó enteder dos populares, establecer as bases que permitir evitar que no futuro semellante situación volte a repetirse.

SUBMINISTRO ELÉCTRICO.- O GPPP tamén salienta que, despois dos cortes de subministro eléctrico que se teñen producido durante a semana pasada e que persisten aínda no día de hoxe en diversos puntos da provincia, ponse de manifesto a pasividade da Deputación e da Xunta é manifesta. 

Os populares lembran que os temporais non son infrecuentes na provincia de Lugo e que a persistencia do corte do suministro eléctrico pon en cuestión a decisión dos grupos que sustenta o Goberno da Deputación de rexeitar no último pleno a moción presentada polo PP no que se instaba á administración provincial a facer un mapa no que se detallaran as deficiencias de subministros existentes. 

Entende os populares que á vista do acontecido durante esta pasada fin de semana faise máis imprescindible a realización de este estudo pomenorizado da situación que permita subsanar os problemas e evitar que unha situación como a que estamos a vivir non volte a repetirse no futuro.

AXUDAS TEMPORAL.- O GPPP preguntará asimesmo no transcurso do pleno de mañá se a Deputación ten previsto establecer liñas de axuda ós concellos, empresas e particulares afectados polo temporal sufrido durante esta pasada fin de semana e que causou grandes e graves despefectos en diversos lugares da provincia de Lugo.