Santiago, 22 de xaneiro de 2009.- A recente convocatoria da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para facer fixos a 271 traballadores das galescolas, centros de maiores e Consorcio Galego do Benestar, que previamente foran contratados a dedo sen garantía algunha de obxectividade, revela o forte temor do BNG a perder as vindeiras Eleccions autonómicas, en opinión da vicesecretaria xeral do PPdeG, Susana Lopez Abella.
Recorda a deputada popular que os traballadores que a área nacionalista da Xunta pretende facer fixos a escasas semanas das Eleccións foran seleccionados por tribunais políticos, como teñen denunciado diferentes organizaciós sindicais, nunha estratexia encamiñada a utilizar os diferentes servizos dependentes da Vicepresidencia como focos de aleccionamento de nenos e maiores no ideario do BNG.
Trátase, en opinión de Lopez Abella, dun “escándalo sen precedentes” que atropela directamente os princiios básicos do dereito.
Con todo, a de Vicepresidencia non foi a única rede clientelar organizada polo bipartito na actual lexislatura, xa que as contratacións efectuadas noutros chiringuitos públicos, como Seaga, seguiron un patrón similar: primou a militancia política sobre os principios que deberían guiar o acceso á función pública, é dicir, igualdade, mérito e capacidade.
Investigación en Volta do Castro.- Neste contexto, López Abella reprocha a Quintana que se dedique a pasear por Galicia facendo campaña mentres se suceden as denuncias sobre as anomalías nos departamentos que xestiona.
Á convocatoria dun proceso amañado para dotar de praza fixa a persoas contratadas a dedoi, súmase unha nova denuncia por unha presunta neglixencia rexistrada na residencia de maiores de Volta do Castro,en Santiago. A sucesión de anomalías rexistradas nesa residencia leva ao PPdeG a reclamar a apertura dunha investigación independente de xeito inmediato e a que se depuren as responsabilidades oportunas.