Partido Popular de Lugo

O PPdeG ACLARA QUE O ÚNICO XEITO DE GARANTIR A PLENA OPERATIVIDADE DOS HELICÓPTEROS DE SALVAMENTO CONSISTE EN DISPOÑER DE DOBRE TRIPULACIÓN

Santiago, 22 de xaneiro de 2009.- O único xeito de garantir a plena operatividade dos helicópteros de salvamento que funcionan en Galicia consiste en dotalos de dobres ou triples tripulacións que podan efectuar gardas de presenza física na base, para evitar retrasos na activación dos protocolos de rescate, segundo recorda o voceiro de Pesca do Grupo Popular, José  Manuel Balseiro.

O deputado popular saúda a decisión da Xunta de iniciar o proceso de adquisición dun helicóptero de salvamento para a Costa da Morte, pero aclara que a súa operatividade non estará asegurada agás que se habiliten as tripulacións suficientes. Tal e como está plantexado, cunha única tripulación que efectúe gardas localizadas, a nova aeronave corre o risco de presentar os mesmos problemas que os dous helicópteros que teñen a súa base en Vigo e Celeiro.  

RETRASOS PROVOCADOS POR FALTA DE TRIPULACIÓNS.- Balseiro recorda que nas dúas maiores catástrofes marítimas rexistradas nos últimos anos –o naufraxio dos pesqueiros Cordero e Rosamar-, a falta de tripulacións de reforzo provocou notables retrasos na activación dos operativos aéreos de rescate.

Recordan tamén os populares galegos que a promesa de Touriño de incrementar a tripulación do helicóptero de salvamento de Vigo e de construír unhas instalacións específicas en Peinador para facilitar a realización de gardas de presenza física durante as 24 horas do día, continúa sen materializarse, a pesar de que o presidente da Xunta se comprometera a materializar esa promesa antes de setembro de 2008.