Lugo, a 21 de xaneiro de 2009.- O Partido Popular califica de nefasta a actuación dos dispositivos para paliar os efectos das nevaradas rexistradas onte en boa parte da provincia.
Así, o acontecido nas estradas de montaña de ámbito provincial, coma Navia de Suarna ou Guitiriz, hai directamente que calificalo como caótico.
Tamén houbo caos en estradas de ámbito autonómico, coma a VAC Sarria-Nadela, na rotonda de Betote, unha estrada ademais recén aberta ó tráfico e inaugurada recentemente a bombo e platillo polo Sr. Touriño e a Sra. Caride.
E caos existiu tamén nas estradas de ámbito estatal, coma a A-6 en Guitiriz, ou na estrada Ourense-Lugo.
Esto demostra, ó entender dos populares, a improvisación máis absoluta, a total ausencia de coordinación entre administracións, a falla de organización do persoal (deuse o caso, por ejemplo, de estar xantando no mesmo restaurante e á mesma hora todos os integrantes dunha brigada de traballadores en plena nevarada).
O PP denuncia que non se activou o Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas (PLan Nega) cuxo obxectivo é, segundo se recolle nas súas propias bases, dar unha resposta rápida e eficaz nos concellos afectados por unha nevarada. Preténdese que a actuación na emerxencia non sexa froito da improvisación, senón que estén perfectamente planificadas e coordinadas.
Neste plan indícase que un dos puntos de maior risco é a zona de montaña de Lugo e establécese que a posta en marcha da actuación realizarase, en altitudes de entre 200 e 800 metros cando haxe cinco centímeros de espesor. Estes condicionantes déronse durante as nevaradas de onte pero non se actuou en consecuencia. Así, de feito, na noite do luns ó martes xa houbo nevaradas nalgúns puntos pero, a pesar delo, non se levou a cabo ningunha actuación correctora ou preventiva nin se desplegou ningún medio.
O PP suliña que o que se está a facer é limitarse a enviar avisos de fenómenos meteorolóxicos adversos, que é o mesmo que dicir “aí te entendas con todo”. Non se adopta ningunha decisión que estea contemplada no indicado plan nin en ningunha outra parte, de aí que sexan as brigadas municipais as que primeiro teñan que enfrontarse coa neve pese a que en moitos casos non contan coa dotación precisa para elo.
Non é de recibo, salientan os populares, que nos tempos en que vivimos queden alumnos sen clase, se colapsen estradas, e se provoquen accidentes pola ausencia dunha planificación axeitada. Neste caso e nas nevaradas anteriores as previsións meteorolóxicas foron notificadas con suficiente antelación coma para que se adoptasen medidas para paliar os efectos que era lóxico se foran a producir, e ninguén, recalcan dende o PP, moveu un só dedo.