Partido Popular de Lugo

O GPPP ACUSA Ó BIGOBERNO DE INCUMPLIR O SEU PROPIO ORZAMENTO

Lugo, a 19 de xaneiro de 2009.- O GPPP acusou hoxe ó bigoberno provincial de incumplir o seu propio orzamento de 2008, á vista dos datos extraídos de decretos asinados por Gómez Besteiro.

Así, os populares indican que o 19 de decembro cambiaron de destino a totalidade de tres partidas presupostarias, que estaban sen tocar: unha de 200.000’00€ para expropiacións vinculadas ó POS; outra de 320.000’00€ para edificios e outras construccións, e unha terceira de 250.000’00€ para a recollida e tratamento de lixo.

En total, 770.000’00€, dos que hai que destacar especialmente a partida consignada para a recollida de lixo, xa que a Deputación foi incapaz de axudar ós concellos que así llo demandaron, e foron máis de cincuenta, para solucionar o problema da recollida da bolsa marela. 

Resulta inconcebible, ó entender do GPPP, que o PSOE dixese en novembro de 2007 que ía apoiar ós concellos, a petición do PP, e logo sexa incapaz de investir nin un só euro do presupostado en 2008, co que hai que concluir que Besteiro e Gato mentiron e encima vaguearon para non gastar un só euro, cando podían dispoñer deses cartos. 

Resulta chocante tamén, insten os populares, que non se gastase nin un só euro en expropiacións para o POS de 2008, polo que quedan intactos 200.000’00€.

Esto é só un exemplo do baixo grao de execución do orzamento, estimado pola propia Deputación o pasado 31 de decembro en só un 32’5% no capítulo de investimentos reais, o que pón de manifesto a escasa ou nula dedicación ó traballo do bigoberno provincial.