Partido Popular de Lugo

ACTO AGROGANDEIRO DO PARTIDO POPULAR EN OUTEIRO DE REI

 

Outeiro de Rei, a 19 de xaneiro de 2008.- O Partido Popular celebrou hoxe en Outeiro de Rei un acto co sector agro-gandeiro ó que asistiron ó redor de 1.500 persoas. O alcalde da localidade, José Pardo Lombao, foi o encargado de dar a benvida ós asistentes.  O Presidente provincial dos populares José Manuel Barreiro tamén se dirixiu ós asistentes, seguido da cabeza de lista por Lugo Raquel Arias e o candidato á presidencia Alberto Núñez Feijoo.