Partido Popular de Lugo

OS DEPUTADOS PROVINCIAIS DO PP POLA MARIÑA DENUNCIAN O ABANDONO DA REDE VIARIA PROVINCIAL

A Mariña, a 17 de xaneiro de 2009.- Os deputados provinciais pola Mariña, José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal denunciaron hoxe o abandono no que está sumida a rede viaria provincial en toda a comarca da Mariña e a indolencia do bigoberno provincial que é incapaz de garantir un servicio de calidade ós cidadáns.

Esta situación foi constatada persoalmente polo voceiro adxunto dos populares José María González Barcia no barrio de Barrosa, da parroquia focense de Nois, onde a ausencia de limpeza nas cunetas e a obstrucción destas con materiais de arrastre está levando a auga ás portas das casas dos veciños, tal e como comprobou in situ durante unha visita efectuada co concelleiro popular de Foz Pedro Fernández Manín.

Barcia considera que esta situación vese agravada co retraso de máis de medio ano na adxudicación do mantemento e conservación da rede viaria provincial, adxudicación que xa tiña que estar feita a principios do verán pasado e que se demorou incompresiblemente.
Igualmente, os deputados provinciais pola Mariña consideran que as obras de rexeneración de firme das estradas provinciais da Mariña son mínimas, e lembraron datos:

Total de kilómetros da rede viaria provincial na Mariña.- 799’699 km

Total de kilómetros sobre os que se prevén actuacións programadas.- 108’971.

Tanto por cento sobre o total da rede viaria provincial na comarca.- 13’62%

Actuación con trartamento simple (gravilla con ECR-3).- 47’686 km, que representan o 5’96% do total da rede viaria provincial na comarca.

Actuación con doble tratamento (gravilla con ECR-3), 35’587, o que representa o 4’45% do total da rede viaria provincial na comarca.  

Rexeneracion do firme. (gravillon, gravilla e ECR-2), 22’038 km, o que representa o 2’76% do total da rede viaria provincial na comarca.

Saneo da plataforma (zahorra, grava, gravilla e ECR3) 2’300 km, o que representa o 0’3% da rede viaria provincial na comarca.

Reforzo do firme con aglomerado en quente.- 1’360 km. O que representa o 0’17% da rede viaria provincial na comarca.

Actuacion sobre cunetas.- 121’245 km, o que representa o 15’16% da rede viaria provinvial na comarca.

Finalmente, Barcia, Ginzo e Leal consideran único responsable desta situación a Gómez Besteiro,  copresidente da Deputación no que afecta ás áreas socialistas, e que cando vén por Fazouro debería darse unha voltiña polo conxunto da Mariña para ver como tén as estradas ou seu “compañeiro” Manuel  Martínez.