Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA A FALTA DE COMPROMISO DO EQUIPO QUE ENCABEZA GÓMEZ BESTEIRO POLAS CONTINUAS AUSENCIAS ÁS XUNTAS DE GOBERNO

Lugo, a 16 de xaneiro de 2009.- O balanzo anual sobre as asistencias ás xuntas de goberno da Deputación é desalentadora.  Ningún membro do equipo de goberno da administración provincial, nin socialistas nin nacionalistas, asistitiu a todas as xuntas. Unha actitude que, na opinión do GPPP, segundo asegura o seu voceiro adxunto José María González Barcia, non é responsable nin respetuosa cos cidadáns da provincia ós que representan. 

“Resulta tremendamente significativo que en ningunha das medio cento de xuntas de goberno celebradas durante o pasado ano estiveron presentes os nove membros que a integran”, suliña González Barcia, que non dubida en calificar tar situación como “inaudita e rexeitable”.

O ranking de faltas encabezao a vicepresidenta terceira María José Vega Buján que non asistiu a 35 das 50 xuntas de goberno celebradas durante o pasado ano. É dicir, faltou ó 70 por cento das reunións.

Na segunda posición atópase o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que non acudiu a preto da metade das reunións,  ó 48 por cento para ser máis específicos, o que equivale a dicir que non participou en 24 das medio cento celebradas.

Melchor Roel segue a corta distancia ó Presidente cun 44 por cento de ausencias (22 en números redondos). A vicepresidenta segunda Lara Méndez no acudiu a 18 xuntas de goberno, o 26 por cento; e Manuel Martínez ó 30 por cento, non estivo polo tanto en 15 encontros.

Non se salvan tampouco Antón Bao, vicepresidente primeiro, que con nove ausencias (o 18 por cento) ocupa o sexto lugar; nin Miguel Sotuela, que ten 8 faltas (16%); nin Regina Polín con 7 (o 14 por cento) nin Antonio Gato, quen non participou en cinco xuntas de goberno.

Resulta igualmente significativo que durante o pasado ano dúas das reunións, concretamente a do 11 de xullo e a do 18 de agosto, se desenvolveran co mínimo número de membros que establece a lei: tres. 

No primeiro caso, a do 11 de xullo, os presentes foron, baixo a presidencia de Gómez Besteiro, Gato e Sotuela; no segundo, con Vega Buján actuando como presidenta, participaron Gato e Martínez.  

En cinco ocasións máis, suliña José María González  Barcia, o quórum estaba integrado por catro membros da xunta de goberno, menos da mitade.

Se o balanzo de 2008 resulta, ó entender dos populares, moi negativo; con igual talante comenza o 2009, xa que á primeira reunión do ano celebrada pola xunta de goberno da administración provincial o pasado día 2 de xaneiro só asistiron catro dos nove membros que a conforman. Foron, concretamente, os Srs. Gato, Martínez e Sotuela e a Sra. Polín. 

Máis esperpéntico é, en opinión do voceiro adxunto do GPPP, que esta sesión tivese que ser presidida por Gato, por ser o membro asistente de maior idade, vista a ausencia do presidente e dos tres vicepresidentes. 

Lembran ademais dende o PP, que a meirande parte dos integrantes da xunta de goberno teñen dedicación exclusiva e, polo tanto, un dos conceptos polos que cobran é pola asistencia ás xuntas de goberno.  “Esta actitude é un fraude ós cidadáns. Hai que dicilo así de claro e é necesario que esta actitude pasota e de escaso ou nulo traballo se rectifique. E o primeiro que ten que dar exemplo é o Presidente”, salientou González Barcia, quen non dubidou en engadir  que “se Besteiro tivese capacidade de mando efectiva dentro do seu grupo esta situación non duraría nin unha semana”.