Partido Popular de Lugo

Feijóo: “O compromiso máis importante en Galicia en materia de infraestructuras é conectar Lugo por AVE”

Sarria, 14 de xaneiro de 2009.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu o apoio do seu partido coa conexión por AVE entre Lugo e o resto da comunidade, apostando pola “prioridade” desta obra para un goberno do Partido Popular tras o vindeiro 1 de marzo.

Feijóo, de visita por seis concellos da provincia, cualificou a chegada da alta velocidade á capital lucense como “o compromiso mais importante en materia de infraestructuras en Galicia” e destacou o interese do PPdeG por “coexionar de novo a comunidade”, en alusión á perda de peso económico e poblacional sufrida nos últimos anos polas provincias do interior galego.

O lider do PPdeG anunciou tamén que outra das prioridades do novo goberno popular será comunicar Sarria con Monforte, así como estudiar un posible desdobramento do corredor de Sarria.

Neste sentido, aclarou que os temas pendentes que terá que afrontar o novo equipo na Xunta son as insfraestructuras que continúan en suspenso ao longo de toda a provincia. Como exemplos, Feijóo citou  as comunicacions dos concellos do Incio con Boveda e Paradela -sen iniciar- así como entre Sarria e Becerreá.  

Como conclusión, Feijóo afirmou que o PPdeG buscará a “fiabilidade e a confianza” dos cidadáns “nun proxecto para parar a crise e a destrucción masiva de emprego mantendo o equilibrio no rural”, puntualizou.