Partido Popular de Lugo

O PPdeG evitará repetir os erros de Touriño abrindo delegacións exteriores de costas ás entidades galegas

Santiago, 13 de xaneiro de 2009.-  Logo do anuncio do presidente da Xunta de abrir unha oficina da Xunta en Lisboa na próxima lexislatura, o PPdeG aclara que o futuro Goberno de Núñez Feijóo non repetirá os erros do bipartito e evitará poñer en marcha novas oficinas montadas de costas ás entidades galegas, como fixo o bipartito en Buenos Aires e Montevideo.

Alí, a Xunta non reparou en gastar sumas elevadas para financiar o funcionamento das dúas delegacións, mentres os galegos residentes neses países presentan serias carencias asistenciais que non poden mellorarase por falta de recursos económicos.

Susana López Abella, vicesecretaria xeral do PPdeG, insiste en que antes de abrir unha nova delegación da Xunta no exterior, o Executivo autonómico deberá analizar os seus custes con detalle e, en calquera caso, valorar a dispoñibilidade das entidades galegas para poder colaborar no funcionamento desas oficinas. Trátase, en suma, de evitar derrochar elevadas sumas económicas en novas dependencias e estructuras administrativas excesivamente caras, cuio custe podería minimizarse contando coa colaboración dos centros galegos.

A xuízo dos populares galegos, resulta sorprendente que Touriño efectuase o anuncio da posible creación dunha delegación da Xunta en Lisboa sen sequera visitar o Centro Galego da capital lusa.

Nesta liña, López Abella afirma, con rotundidade, que “iso de abrir delegacións luxoxas para acomodar a responsables socialistas dedicados a captar voto exterior pasará á historia o vindeiro 1 de marzo”.