A Mariña, 13 de xaneiro de 2008.- A voceira de emprego do Grupo Parlamentario Popular, Beatriz Mato Otero, acompañada polo secretario provincial do PPdeG José Manuel Balseiro e por alcaldes e portavoces locais desta formación política ofreceron hoxe unha rolda de prensa para analizar o progresivo deterioro do sistema laboral na nosa comarca. Todo iso, tras constatar que o desemprego na Mariña está a crecer a maior ritmo que no resto da provincia afectando a máis de 3.621 personas. “Se mire por onde se mire, os datos do paro son malos: son peores que o mes pasado, que hai un ano e que cando chegou o Bipartito: Falamos de 15 desempregados cada día tan só nos últimos meses”.
LIDERANDO A DESTRUCIÓN DE EMPREGO.- Tan só no 2008, o desemprego na Mariña incrementouse nun 18,9% a un ritmo 4,8 puntos superior á media provincial que é do 14,1%. Estes datos sitúan A Mariña como a segunda comarca con maior destrución de emprego no último ano, tan só superada pola bisbarra de Quiroga, onde se está a producir unha alza superior con motivo da crise da industria pizarreira.
% Variación anual do paro na Mariña lucense |
+18,9% |
% Variación anual do paro no conxunto da provincia |
+14,1% |
Os populares apuntaron tamén que, cinguíndonos aos datos de variación do desemprego no mes de decembro a alza do paro nosa comarca tamén superou á media provincial, afectando a todos os sectores produtivos: agricultura e gandería, servizos, construción e industria. Se na Mariña o paro incrementouse un 3,9% no resto da provincia o cómputo global non superou o 3,2%.
% Variación mensual do paro na Mariña lucense |
+3,9% |
% Variación mensual do paro no conxunto da provincia |
+3,2% |
PARO FEMININO.- Con especial preocupación observan o incremento do paro feminino. Neste caso a nosa comarca destrúe postos de traballo afecta a 2.062 mulleres, un 9,1% máis durante o 2008, cando a media da provincia está no 2,8%, isto é, 6,3 puntos inferior.
Os datos ofrecidos polos populares, dan unha imaxe do que está a acontecer na Mariña máis a pesar de todo, non se libran do maquillaxe estatístico da Xunta e do Goberno central para os que, por exemplo “non contan os desempregados en formación, que están a realizar cursos para mellorar as súas posibilidades de inserción”.
Ademais, todo apunto a que a actual crise económica, negada por Touriño hoxe como antes a negou Zapatero, afondará no deterioro da situación económica das industriais, das pequenas e medianas empresas, dos autónomos e dos pequenos comercios “que asisten con incredibilidade ao desamparo dos actuais responsables da Xunta, e do Goberno central”.
PROMETERON 30 MIL EMPREGOS, DEIXAN 35 PARADOS MÁIS.- Segundo Beatriz Mato o legado do conselleiro lucense Ricardo Varela será a destrución de emprego en Galicia e na Mariña. De feito, a deputada popular sinalou que, o Bipartito prometeu a creación de 30.000 novos postos de traballo e rematou con preto de 35.000 parados máis que en 2007.
A maiores diso insistiu en que cada un destes datos demostra unha afirmación que cada día é máis evidente “PSOE é sinónimo de paro, pois os gobernos socialistas, coa complicidade do BNG só traen desemprego.
DATOS SIGNIFICATIVOS.- No transcurso da rolda de prensa ofrecéronse tamén varios datos que, segundo os populares son moi significativos: En Burela un de cada 20 veciños perdeu o seu traballo ou está desempregado, en Viveiro o incremento do paro masculino, no 2008, foi de +49,6% e en Ribadeo de +46,8%. O dato de paro feminino máis preocupante é o da Pontenova cun 87% de incremento nos últimos 12 meses, e o total de parados ascende a preto de mil persoas en Viveiro (978 persoas), 547 en Ribadeo, 466 en Foz e 484 en Burela.
Todos estes datos son imaxes nítidas dunha grave problemática, que afecta centos e miles de mariñáns con nomes e apelidos, desamparados pola Xunta e cun incerteza no que respecta ás súas esperanzas de futuro.