Partido Popular de Lugo

MARIANO RAJOY PARTICIPARÁ O SÁBADO EN LUGO NUN ACTO CON AFILIADOS DE TODA A PROVINCIA

Lugo, a 7 de xaneiro de 2009.- O Presidente do Partido Popular Mariano Rajoy participará o vindeiro sábado nun acto aberto ó publico que se desenvolverá no auditorio Gustavo Freire a partir das once da mañá. 

O encontro de Lugo, ó que tamén asistirán, entre outros, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo e o presidente provincial José Manuel Barreiro, será o primeiro no que participe o líder nacional dos populares en Galicia tras a convocatoria oficial das eleccións autonómicas o vindeiro 1 de marzo.

O acto, que se desenvolverá no Gustavo Freire, servirá para que Mariano Rajoy mateña un encontro con afiliados e simpatizantes do partido de toda a provincia previo ó inicio da campaña electoral.