Partido Popular de Lugo

O GPPP ACUSA Á DEPUTACIÓN DE FACER UNS ORZAMENTOS QUE NON AXUDARÁN A PALIAR A CRISE ECONÓMICA

Lugo, a 29 de decembro de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que o orzamento da Deputación para o vindeiro ano non está pensado para contribuir a afrontar a grave crise económica na que está sumida a provincia de Lugo.

Segundo explicou hoxe o voceiro do GPPP José Manuel Barreiro, quen compareceu acompañado do voceiro adxunto José María González Barcia, o orzamento consolidado da administración provincial (que engloba a Deputación, o Inludes e Suplusa) redúcese, en comparación coas contas de 2008, un 7,5 por cento, o que en números reais supón 11,5 millóns de euros. 

Pese a esta reducción global no orzamento, o gasto corrente mantense nos mesmos niveis de 2008, é dicir, en ó redor de 20 millóns de euros. 

A maiores, salientaron os populares, “os lucenses teremos que pagar no vindeiro ano 100 millóns de pesetas máis (600.000 euros) con respecto ó presente exercicio por gastos bancarios” e ese incremento financieiro non é consecuencia dun incremento da partida adicada a inversións. “O peor”, engadiu Barreiro, “é que, en comparación co 2008, a Deputación reducirá en 2009 a súa inversión real do orzamento consolidado en preto de 2.500 millóns de pesetas (15 millóns de euros). Unha rebaixa do 20 por cento, ó pasar esta partida de 75 a 60,1 millóns, non parece que sexa a mellor opción para tentar dinamizar a actividade económica na nosa provincia”.  

POLÍTICA CLIENTELAR.- No que atinxe ó orzamento propio da Deputación, dende o PP critican o incremento do capítulo de transferencias correntes en 2,3 millóns de euros. “O Goberno bipartito aumenta así a súa capacidade para seguir a desenvolver a súa política clientelar e de pago de favores”, aseguraron.

“Ademais de disminuir as inversións e o orzamento consolidadado, o Goberno provincial aumenta a débeda en oito millóns de euros máis con respecto ó presente exercicio. Quere esto dicir que socialista e nacionalistas entre 2008 e 2009 multiplicaron por tres a débeda que tiña a Deputación a mediados de 2007. Así, en 2009, a Deputación de Lugo terá que facer fronte ó pago de 24 millóns de euros en préstamos, unha cantidade nada desdeñable se temos en conta o pouco tempo que leva ó fronte da institución o goberno bipartito”, explicou Barreiro.

POUCOS INGRESOS E MÍNIMA EXECUCIÓN.- Na opinión do GPPP a “Deputación, dende que o equipo de goberno que dirixe Gómez Besteirto tomou posesión, ingresa pouco e gasta mal”.

Argumentan esta afirmación no feito de que nas contas de 2008 o bigoberno provincial tiña previsto uns ingresos por transferencias doutras administracións por importe de 15 millóns de euros. Pero a  realidade é que a mediados do presente ano só tiña recibido por este concepto 1,2 millóns de euros, o que equivale a dicir un 8,3 por cento do total. As previsión para finais de 2008, aínda sen pechar o exercicio, era que ían recibir 17 millóns de euros pero ás arcas provinciais só chegaron catro millóns.      

Para colmo, suliñan dende o PP, non se executa o investimento consigando. Así, a 30 de xuño deste ano só tiñan gastado o 11 por cento do que estaba previsto investir, uns 10,5 millóns de euros. A final de ano só contan ter empregado o 30 por cento do presupuestado para este concepto, aínda non 30 millóns de euros.
“A Deputación deixará sen executar este ano 70 de cada 100 euros adicados a investimentos reais”, concluiu José Manuel Barreiro en base a este datos.  

“A falla de compromiso co desenvolvemento de Lugo por parte dos actuais xestores da administración provincial ponse tamén de manifesto coa reducción á metade do orzamento co que contará Suplusa o vindeiro ano”, engadiu.